Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Reinícianse en Brión as obras da estrada Gándara-A Amañecida

Estímase que estarán listas antes de 2021 e que van mellorar a seguridade peonil

Tras quedar paralizadas no verán de 2019 debido á quebra da empresa encargada dos traballos, reinícianse en Brión as obras de ampliación e mellora do trazado na estrada DP-1301 Gándara-A Amañecida, entre os puntos quilométricos 0,047 e 0,377. As tarefas están sendo executadas pola empresa Explotaciones Medioambientais SLU, tras a súa adxudicación por 114.791 euros (IVE incluído) por parte da Deputación.

O alcalde de Brión, José Luís García, amósase encantado con que se retomen os traballos, xa que se trata dunha obra “moi importante para a seguridade viaria de centos de veciños e veciñas, que nestes momentos tiñan que camiñar por unha zona de bastante tráfico e sen beiravías. Agora que se retoman, agardamos que estean rematados antes de finais de ano e que a veciñanza dispoña dun camiño seguro ata Os Ánxeles, pois é unha zona que concentra servizos e equipamentos como a gardería, a zona comercial e de hostalería, e mesmo as paradas do transporte metropolitano”, apunta ó respecto o rexedor.

Explotaciones Medioambientales SLU comezou sinalizando o lugar e procedendo a ampliar a ponte sobre o río Viceso. Para unha maior velocidade de execución e eficiencia económica, optouse por unha estrutura prefabricada que consistirá nun taboleiro formado por unha viga en dobre T de 0,9 metros de canto.

Nestes momentos a empresa traballa na cimentación de dita estrutura. Os traballos permitirán ampliar a calzada da estrada ata os 7 metros de ancho, con 0,5 metros de beiravías, así como rectificar un pouco o trazado da curva. Ademais, revestiranse en formigón as cunetas da zona e executarase un novo sistema de drenaxe de recollida de pluviais.

O prazo de execución das obras é de seis meses e unha vez listas conectarán as beirarrúas da avenida de Noia cas da aldea de Liñares.

23 jul 2020 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito