Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Remataron os traballos do acceso a fincas sobre o río Vao en Coristanco

Coristanco. A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade confirmou que xa están rematadas as obras de paso sobre o río Vao, en Coristanco, que facilita o acceso ás fincas nun camiño de servizo da autovía da Costa da Morte.

Esta intervención, cun investimento autonómico duns 35.000 euros, atendeu á solicitude do Concello coristanqués para habilitar o cruce dun curso de auga no camiño de servizo da marxe dereita da autovía, no seu punto quilométrico 40+070.

O camiño daba acceso a todas as fincas, pero ata o de agora non había posibilidade de cruzar o rego, debéndose acceder ás propiedades de cada marxe por un lugar distinto. Con esta obra permítese un aforro nas distancias que deben percorrer os titulares dos terreos.

A actuación desenvolveuse en terreos de titularidade da Consellería, polo que non se fixo necesario realizar expropiacións.

02 jun 2020 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito