Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Ribeira recibe á unidade móbil que promove un turismo seguro

Ribeira. No marco do programa Galicia destino seguro, a Xunta de Galicia escolleu Ribeira como unha das paradas da nova campaña itinerante de concienciación para promover un turismo seguro. Así, durante a xornada de hoxe situarase un espazo informativo móbil na avenida do Malecón desde donde se informará aos viaxeiros e aos propios galegos dos recursos turísticos dispoñibles na nosa Comunidade e a súa potencialidade como destino seguro.

A unidade móbil que funciona a modo de oficina de turismo estará situada no Malecón e aberta en horario de 11.00 a 14.00 e de 16.00 a 21.00 horas. O espazo informativo estará atendido por profesionais da información turística e difunde o destino, poñendo en valor recursos como o Camiño de Santiago, a paisaxe, a natureza, a enogastronomía ou o patrimonio cultural.

A campaña comezou en Santiago de Compostela e está previsto que percorra Galicia e estea presente nas sete cidades galegas e varios dos principais municipios turísticos. Así, nos vindeiros días continuará o seu percorrido por destinos como A Mariña lucense, a Ribeira Sacra e varias localidades costeiras. En concreto, está previsto que visite Rianxo, Betanzos, Lugo, Monforte, Sarria, Viveiro, Ourense, O Carballiño, Poio, Pontevedra, Sanxenxo, O Grove, Cambados, Vilagarcía, Cangas do Morrazo, Vigo, Nigrán, Baiona e Tui.

A campaña itinerante dá continuidade á batería de medidas postas en marcha pola administración autonómica para garantir seguridade e protección aos viaxeiros, traballadores e galegos no actual escenario.

Enmárcase no Plan de Reactivación do sector turístico aprobado o pasado abril que inclúe accións para promover Galicia como un destino seguro, con accións que axuden a xerar liquidez no tecido empresarial e a incentivar o consumo. s. s.

04 ago 2020 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.