Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Silleda acollerá este outono cursos de deseño de aplicación de móbiles

silleda. O Concello de Silleda vén de sumarse ao programa TIC Emprendes, posto en marcha pola Deputación de Pontevedra e confinanciado polo Fondo Social Europeo. Esta iniciativa ten

como obxectivo mellorar a empregabilidade das persas mozas que residan en localidades dun entorno rural. No caso de Silleda realizarase un itinerario formativo sobre deseño de aplicacións móbiles, entre o 5 de outubro e o 9 de novembro, en horario de mañá. Celebrarase na casa da cultura con 15 participantes. Os asistentes recibirán unha beca de asistencia por 13,45 euros /día. As inscricións poden realizarse ata 15 días antes de que comece o curso na sede electrónica da Deputación.

Para participar hai que ter entre 16 e 30 anos, estar inscrito no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil e non estar ocupadas nin integradas no sistema. arca

08 jul 2020 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito