Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Suspenden o décimo Millarock con Siniestro Total polos casos da covid

Dende o Concello explican que xa se adiara á espera dunha mellora da pandemia

Ames. O Concello de Ames decidiu, ante a incidencia da covid, suspender a que ía ser a décima edición do Millarock –o festival de música máis importante deste municipio e que ía a contar con Siniestro Total–, prevista inicialmente para o 31 de xullo, coincidindo como vén sendo habitual coa primeira fin de semana de agosto e as festas da Madalena. A situación daquel momento, recentemente saídos do estado de confinamento, levou a reprogramar esta data para o 19 de setembro, coa esperanza de atoparnos nunha mellor situación sanitaria. “Na actualidade, por desgracia, isto non sucede e desde o goberno municipal tómase a decisión de suspender dito festival por responsabilidade”, din os responsabeis de Cultura. Agora, e a 20 días para a data do evento, destacan a necesidade de suspender o Millarock con tempo suficiente, polas características do evento. Así, aprobouse en xunta de goberno local non adxudicar o contrato do expediente de licitación, mediante procedemento aberto simplificado e tramitación ordinaria, do servizo de produción, organización e comunicación do evento. O Concello toma esta decisión con antelación para minimizar prexuízos. m.m.

01 sep 2020 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito