Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h
Tras uns meses de carencias creativas e económicas, o Concello presenta un programa que pon fin a ambos resentimentos // Lévanse ás rúas actividades culturais e comerciais evitando grandes aglomeracións para poder cumprir as normas sanitarias Paula Pérez

Teatro, música, cine e deporte nas fins de semana en Ames

Ben coñecedores e coñecedoras somos da necesidade de reactivación económica do noso planeta e máis concretamente do noso país e localidades tras o parón de tan grande envergadura que supuxo a aparición do covid-19. Alén, tamén somos conscientes da máis persoal necesidade de desenvolver a nosa faceta creativa fóra das nosas, máis que vistas, casas. En definitiva, o confinamento derivou en carencias e frustracións tanto no ámbito económico coma no de lecer de cada persoa.

O Concello de Ames apostou por dar solución a ambas problemáticas de maneira conxunta. Así, márcanse o obxectivo de levar ás rúas numerosas actividades culturais e comerciais contempladas dentro do Plan Reactiva Ames, para dar pulo a economía do municipio.

Deste xeito repártanse as propostas entre os numerosos puntos das rúas de ambos núcleos urbanos do concello, Milladoiro e Bertamiráns, para evitar así concentrar eventos en zonas concretas e poder cumprir cos requisitos de distanciamento social que esixen as autoridades santarias. AmesON quere ser unha axuda directa á dinamización das rúas e en favor dos comercios locais. Este desenvolvemento conseguirase a través das máis de 60 actividades programadas de música, teatro, cine, conciliación e deporte.

Dende o Concello trabállase xa na programación do último trimestre do ano, de cara a seguir potenciando a actividade comercial e cultural nel. Eventos como o Outlet, Innovames ou o Autocine, son algúns dos que se están pechando na actualidade. O Plan Reactiva Ames contempla tamén a campaña de comercio Témolo todo que busca resaltar a variedade e calidade dos produtos que se venden na vila a través do pequeno e mediano comercio deste.

O AmesON comezou xa o xoves 16 de xullo, con actividades que se desenvolverone que continúan a día de hoxe nas dúas localidades urbanas do concello.

En pasadas xornadasa veciñanza asistiu nas casas da cultura de ambos núcleos urbanos ao obradoiro ‘Crea a tua camiseta’, ou á visualización de intervencións teatrais do grupo Chévere en diferentes escaparates das localidades, convertidos en escenarios para dita actividade, denominada, vaia a rebundancia, ‘Escaparate Chévere’. Para a súa realización convidouse dende a Concellería de Promoción Económica a todos aqueles establecementos que desexaran participar na campaña, tendo que abrir os negocios a partir das 23.00 horas. Ademais desta, outras propostas como os Retranqueiros ou os coches a pedais para os máis novos, culminaban cun peche de man do programa ‘Música na noite’ con artistas como Zeus RB e Diego Barbazán, Diego Moreira e Néstor Peña, o grupo Caldo ou “conexión Habana”. Como explican os organizadores: programas e actividades “para o desfrute de todas as idades e das familias amesás”, sinalan.

O Día de Galicia tamén chegará ata as celebracións da programación de Ames, pero por adiantado: Cristian Leggiero e Patty Lesta pecharon onte o Día da nosa comunidade en Ames, que se celebrou no Pazo da Peregrina de Bertamiráns, a partir das 20.30 horas. O mes de xullo pechará pois, cun obradoiro de Batukada e con actuacións de Os Tocayos e DJ Federato.

En agosto realizarase o obradoiro Crea a túa bolsa nas casas da cultura de ambas localidades. O día 1 ademais, haberá unha ansiada sesión vermú, amenizada por 4Tabase. No resto de xornadas, actuarán A Roda, Odaiko, Son de 3, Pepo Suevos ou Federico Pérez, entre outros. Tamén haberá ciclo de cine con películas como Quen a ferro mata ou A Esmorga. O AmesON continuará en setembro con máis actividades de promoción cultural e económica.

24 jul 2020 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito