Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Toba recolle demandas dos percebeiros e coordinará a estratexia

O alcalde mediará para que adecenten as condicións laborais destes traballadores

Muxía. O alcalde de Muxía, Iago Toba, reuniuse cos percebeiros da localidade para escoitar as súas propostas e coordinar unha estratexia combinada que permita unha mellora nas condicións laborais do todas e todos eles.

A xuntanza tivo lugar na casa do concello durante a tarde do xoves.

O rexedor muxián valourou esta reunión como “tremendamente positiva porque nos permitiu achegar en primeira persoa as necesidades básicas dun sector tan castigado como o do percebe e tomar nota para poder elaborar unha estratexia conxunta e paliar así os efectos da crise económica que non fixo máis que comezar”, apunta o edil.

Seguindo esta líña, Toba manterá unha reunión coa conselleira do Mar, Rosa Quintana para tratar dito tema e outros do sector. Iago Toba quixo agradecer a atención prestada pola conselleira ante esta situación: “Creo que temos que remar todos xuntos na mesma dirección para encontrar solucións a este problema. Agradezo a dispoñibilidade que amosou a conselleira e confío na súa boa intención”.

Sobre o conflito vivido esta semana entre traballadores do sector, o rexedor destacou que “defenderei en calqueira foro e ata o derradeiro momento os intereses dos nosos percebeiros. Trátase dun sector moi castigado pola crise e os vindeiros meses serán clave”. Remarcou que “son un sector fundamental para a vida económica do noso pobo, e temos que estar ao seu carón”. arca

23 may 2020 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito