Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Todo preparado xa no Pino para o inicio das Escolas de Verán

As actividades van botar a andar o un de xullo e haberá cinco quendas diferentes

O Pino. O vindeiro 1 de xullo botan a andar as actividades da Escola de Verán 2020 do Concello do Pino, un programa que pretende ocupar o tempo de lecer dos nenos de 3 a 12 anos e favorecer a conciliación familiar e laboral.

O servizo desenvolverase nos meses de xullo, agosto e setembro no CPI Camiño de Santiago e noutras instalacións municipais próximas, como o polideportivo ou o centro sociocultural, así como en lugares ao aire libre.

Para beneficiarse desta iniciativa, terán preferencia as familias empadroadas no Pino e tamén as que xustifiquen a necesidade de conciliar ou que formen parte de colectivos desfavorecidos.

A Escola de Verán desenvolverase de luns a venres en horario de mañá, de 08.30 a 14.30 horas. O Concello estableceu cinco quendas, que van do 1 ao 15 de xullo, do 16 ao 31 de xullo, do 1 ao 15 de agosto, do 17 ao 31 de agosto e, por último, do 1 de setembro ata o inicio do curso escolar. Para anotarse nas dúas primeiras quendas o prazo de inscrición vai do 19 ao 26 de xuño. Máis adiante, do 1 ao 20 de xullo, formalizaranse as inscricións para as quendas de agosto, mentres que os interesados en participar en setembro deberán anotarse entre o 3 e o 21 de agosto no consistorio. m. b.

20 jun 2020 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.