Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Traducións ao castelán na Estrada

BASES PARA A FEIRA. O BNG da Estrada, a través da súa portavoz Susana Camba, pide respecto para a lingua galega despois de comprobar coma nas bases do concurso para o proxecto de feira pedíase a todos os que concorran que presenten a documentación en castelán ou en galego... pero incluíndo unha tradución ao castelán sempre que a que se faga nese último idioma. Este punto do proxecto, o 1.12 , conculca ao seu xuizo o artigo 1.3 da ordenanza de normalización lingüística, aprobada por unanimidade, que di explicitamente que “as actuacións administrativas realizadas en galego no territorio municipal terán plena validez”. Rematan suliñando que a normativa invita claramente a presentar as ofertas en castelán, ignorando ó galego.

14 sep 2020 / 00:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito