Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Trazo inicia o campamento de verán

Trazo. Un total de 36 cativos do Concello de Trazo están a desfrutar desde esta semana das actividades que o goberno local está a pór en marcha nas instalacións escolares. O obxectivo é que os pequenos poidan divertirse con propostas lúdicas durante os meses estivais, e que á vez as familias do municipio poidan conciliar. Os participantes son cativos que cursan dende 4º de Infantil a 6º de Primaria e a acollida está a ser moi boa, dado que o Concello ten preparada un ampla programación que pasa por actuacións de maxia, xogos con inchables e saídas á piscina. Este ano é de balde para todos os rapaces e a previsión é que o campamento continúe tamén en agosto. A.P.

09 jul 2020 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito