Santiago
+15° C
Actualizado
lunes, 10 agosto 2020
02:15
h

Valga celebrará no mes de agosto o concurso e a ruta Tapa a Anguía

Valga. A Ruta-Concurso Tapa a Anguía, que o Concello convoca anualmente dentro da programación da Festa da Anguía e Mostra da Caña do País, celebrarase as dúas últimas fins de semana do mes de agosto. Será a sétima edición da iniciativa, coa que se quere promocionar un dos produtos estrela da festa, a anguía, e incentivar o consumo nos locais de hostalería.

Os bares e restaurantes que queiran participar teñen de prazo ata o día 27 de xullo para anotarse. A folla de inscrición pódese descargar desde a ligazón https://www.valga.gal/atencion-cidada/impresos-solicitudes e deben entregala debidamente cuberta.

Tapa a Anguía presenta este ano varias novidades. A degustación de petiscos prolongarase durante dúas fins de semana completas, as do 22 e 23 de agosto e 29 e 30. As tapas serviranse de xeito gratuíto coas consumicións. Ademais, nesta ocasión, os Mandís de ouro, prata e bronce recaerán nas tres tapas máis votadas polo público. s. e.

11 jul 2020 / 01:00
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito