Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Vedra sorteou os vales de compra da súa campaña para incentivar os negocios

As entregas aos gañadores terán lugar os días 28 e 31 deste mes // Poderán gastarse en setembro e outubro no comercio local

O Concello de Vedra, ao igual que moitos outros municipios de Área, puxo en marcha unha intensa campaña para promocionar o comercio local, despois da crise xerada pola pandemia. E é que os pequenos negocios están a ser uns dos máis afectados tralos meses pechados a causa do estado de alarma.

‘Hai Vedra, ti sumas’ é o nome da proposta que desenvolveu o Concello no mes de xullo e que chegou a súa fin a pasada semana. O sorteo celebrouse no salón de plenos da casa consistorial e, en total, reuníronse 180 vales de distintos importes.

A entrega aos afortunados terá lugar na Casa do Antigo Xulgado de Vedra (fronte á farmacia da vila) o venres 28 de agosto de 10.00 a 14.00 horas e de 18.00 a 20.00 horas (os 10 vales de compra de 100 €, os 20 vales de 50 € e os cincuenta de 30 euros). Xa o luns 31 de agosto de 10.00 a 14.00 e de 18.00 a 20.00 horas sortearanse os cen tickets de 20 euros.

Poderanse gastar ao longo dos meses de setembro e outubro nas empresas e comercios do concello vedrés. A inversión pode realizarse en calquera negocio, servizo e sector, salvo en produtos de alimentación, “dado que este sector se viu reforzado durante a crise”, explican.

PASATEMPO Por certo que o Concello deseñou para estesmeses estivais da “nova normalidade” un completo programa de actividades dirixidas a todos os públicos e con multitude de franxas horarias para así adaptarse a todas as necesidades. Hoxe terá lugar a última das propostas de tarde, que consistirá nunha iniciativa chamada ‘Xogos do mundo’. A derradeira da franxa nocturna é un concerto o 26, e a mañá do 29 toca clase de bailoterapia.

25 ago 2020 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito