Santiago
+15° C
Actualizado
domingo, 09 agosto 2020
22:19
h

Vimianzo solicita máis fondos para mellorar o colexio San Vicenzo

Dende o Concello ven insuficiente a partida de 30.000 € para cubrir as necesidades

Vimianzo. O Concello vimiancés considera “insuficiente” a dotación económica da que disporá o colexio San Vicenzo. A alcaldesa, Mónica Rodríguez, sinala que é “un centro que acolle unha franxa de ensino moi ampla, con moitas nenas e nenos, e consideramos que unha partida de 30.000 euros non cubrirá todas as melloras que hai que levar a cabo no edificio”.

Asegura que en reiteradas ocasións remitiron informes á Consellería de Educación “do mal estado no que se atopan a fachada, a cuberta e as baixantes, nunca tendo coñecemento da execución de traballos de mellora”. A alcaldesa xa solicitou unha reunión para tratar este tema.

Dede o Concello considérase “imprescindible actuar na cuberta do colexio”, e consideran insuficiente a partida para executar uns traballos que requiren dun maior investimento. “Os temporais do último inverno actuaron dunha maneira moi negativa na estrutura do colexio, sendo condición indispensable asegurar que as clases se poidan desenvolver baixo unhas condicións aceptables no vindeiro curso”, engaden.

A rexedora asegura que recibiron numerosas queixas dos pais de alumnos e lamenta ademais que a partida orzamentaria “non esté suxeita a modificación”.

11 jul 2020 / 01:00
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito