Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Vinculan unha presa de residuos da mina de San Finx a un vello muíño

ContraMINAcción ve “esperpéntico” o que apunta nun informe unha enxeñeira técnica

Lousame. A rede ContraMINAcción considera “esperpéntico” que a Dirección Xeral de Minas “insinúe agora que unha das presas de residuos mineiros das minas de San Finx (Lousame), a maior delas e que pecha un val fluvial cun dique de contención de lodos de 50 metros de cumprimento e 14 metros de altura, fose para mover un pequeno muíño negral no que moía millo a veciñanza”.

A enxeñeira técnica de Minas Olga Barreira sinala nun informe encargado pola Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria que “se trata de algún tipo de aprovechamiento hidráulico, tanto por la disposición (distancias y diferencias de cota) como por la tipología de los diferentes elementos descritos”.

Sen embargo, dito colectivo apunta que “as presas figuran como instalacións de residuos mineiros tanto nos plans anuais de labores presentados pola mina ata o ano 2000 como no Inventario de Balsas e Escombreiras” e engade que “trátase dunha tentativa desesperada de evitar a responsabilidade da concesionaria mineira, unha filial de Valoriza Minería”. s. s.

30 jul 2020 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito