Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Volve a Malpica ‘A vila do mañá’ para achegar a paisaxe aos nenos

Tomarán conciencia sobre a arquitectura e o patrimonio a través de xogos específicos

Malpica. Nenos e nenas de seis anos en adiante poderán participar do 24 ao 28 de agosto na terceira edición do obradoiro A vila do mañá. Unha iniciativa que, segundo sinalou o alcalde, Walter Pardo, pretende que os pequenos “tomen conciencia sobre a arquitectura, o patrimonio, o urbanismo e a paisaxe do noso concello a través de xogos”.

No acto de presentación, celebrado onte no concello, participou tamén a creadora e directora do programa, Sandra González, quen anunciou que este ano haberá novas actividades e propostas. Como parte do programa abordarase se as vilas, en xeral, e Malpica, en particular, “están preparadas para cumprir coas esixencias da nova normalidade provocada polo covid-19 como, por exemplo, coa distancia social”. O reto, engadíu, é que que a infancia e a adolescencia participen de xeito activo nos procesos de construción do espazo común, dotándoos de ferramentas necesarias para desenvolver a súa creatividade, desde a arte e a arquitectura.

Atendendo ao protocolo de seguridade, os grupos estarán formados por un máximo de 10 persoas e as inscricións poderán formalizarse no rexistro da casa do concello de Malpica. M. LAVANDEIRA

19 ago 2020 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito