Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Visita ao rural en Touro do Ateneo de Santiago

Visita dos membros do Ateneo de Santiago ás explotacións gandeiras do Concello de Touro

Visita dos membros do Ateneo de Santiago ás explotacións gandeiras do Concello de Touro / Redacción ECG

¿Ya nos sigues?Márcanos como medio preferente
Añádenos en Google

Redacción ECG

gandería. O pasado sábado o Ateneo de Santiago realizou unha saída ao campo galego para coñecer varias explotacións gandeiras do municipio de Touro. Así, os preto de trinta participantes puideron gozar dos comentarios dos encargados de S.A.T. Gandería SAR S.L. en Bama e da Finca-Granxa Asunción na Muiña sobre o proceso de produción leiteira destas dúas granxas de referencia en Galicia, achegándoos a un sector esencial na economía galega e mostrando o Ateneo a súa proximidade e solidariedade coa xente e o mundo rural, poñéndoo en valor. O programa completouse coa visita ao Museo Vivente do Mel e o Transbordador do Embalse de Portodemouros, ambos os dous no Concello de Arzúa, así como unha comida típica no Pazo de Andeade, edificio tourense destacado do século XVIII. Esta saída enmárcase dentro do programa de visitas culturais da entidade, as cales achegan os participantes ao patrimonio histórico e industrial. ecg

Tracking Pixel Contents