O pleno autoriza unha urbanización de trinta e tres chalés en Vidán
Tamén aprobou de forma definitiva o plan para construir en Romero Donallo
UXÍO SANTAMARÍA
Santiago
Santiago. O Pleno acordou onte a aprobación definitiva da modificación puntual do Plan parcial do SUP-1 de Romero Donallo nos quinteiros 1 e 2, que supón unha reordenación dos volumes neses dous ámbitos. Tamén se deu luz verde ao Estudo de detalle do quinteiro 6 do mesmo proxecto, así como ao Plan parcial de ordenación do SUND-8 en Monte de Vidán. Durante a sesión de onte tamén se aprobou, por unanimidade, o V Plan Municipal de Igualdade do Concello.
O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, acompañado pola concelleira de Urbanismo, Mercedes Rosón, e a directora de área do mesmo departamento, deu conta da modificación puntual do SUNP-1, que permite a posibilidade de formular, no ámbito dos quinteiros 1 e 2 de Romero Donallo, un Estudo de detalle de reordenación conxunta que analice máis polo miúdo as distintas alternativas e solucións para acadar unha mellor integración dos volumes resultantes nos dous quinteiros, co obxecto de facilitar unha solución conxunta e integrada para ambos os dous quinteiros, dada a súa contigüidade, especial configuración e emprazamento.
A modificación supón a reforma puntual das ordenanzas aplicables aos quinteiros 1 e 2, co seguinte alcance: elimínase a obrigatoriedade de proxecto conxunto nos quinteiros 1 e 6, así como as determinacións máis específicas de deseño e composición dos edificios-torre proxectados naqueles quinteiros.
Tamén permítese a reordenación de volumes mediante un estudo de detalle que poderá redistribuír a suma das superficies edificables e de ocupación permitidas polo plan parcial no conxunto dos dous quinteiros afectados. Sin embargo, esta modificación non supón un incremento da superficie edificable, nin da ocupación máxima permitida polo plan parcial vixente no conxunto dos quiteiros afectados.
O pleno tamén aprobou o documento reformado do Plan parcial de ordenación do SUND-8 (Monte Vidán), cunha edificabilidade máxima de 33 vivendas. A área está localizada no Monte Vidán. Este plan parcial ten un ámbito de 20.851 metros cadrados, cunha edificabilidade de 0.30 metros cadrados por metro cadrado, o que da un total de 6.255,64 metros cadrados. O 50 % será para uso residencial (vivendas unifamiliares) e o outro 50 % para uso terciario. ecg
- Una compostelana hace historia al ganar un Latin Grammy: 'Quero adicarllo a miña cidade e a Galicia
- El juzgado autoriza a Pérez Rumbao a que adquiera los concesionarios del Grupo Yáñez
- El restaurante de Santiago con el menú degustación más barato
- Un cliente revienta de madrugada la nariz al dependiente de una tienda 24 horas del Ensanche de Santiago
- Rescate de película en Pontepedriña: los bomberos socorren a dos jóvenes atrapados en un edificio en llamas
- La futura apertura de un Starbucks en el local del emblemático Alameda enciende las redes
- Muere el empresario Emilio Bouzas Cajuso, muy conocido en el Ensanche de Santiago
- Crónica social compostelana | El Secreto de San Lázaro: desayunos, vinos y cócteles con alma compostelana