Maxia na noite de Reis coa interpretación da Real Filharmonía de Galicia de ‘Crebanoces’ de Chaikovski

Maxia na noite de Reis coa interpretación da Real Filharmonía de Galicia de ‘Crebanoces’ de Chaikovski / Redacción ECG
Redacción ECG
actuación. A Real Filharmonía de Galicia inundará o Auditorio de Galicia con pura maxia co seu tradicional Concerto de Reis o vindeiro xoves día 5, véspera do día de Reis. O mestre Paul Daniel, xa como director convidado, será quen leve a batuta do concerto.
Para este recital tan especial, que comezará ás 21 horas tras o remate da Cabalgata, a orquestra interpretará unha obra á altura da ocasión como é O Crebanoces, composto entre 1891 e 1892 por Piotr Ilyich Chaikovski.
A composición estará dividida en dous actos e terá unha duración aproximada de 75 minutos sen pausa. O primeiro dos actos comezará con A decoración da árbore de Nadal, para rematar co último movemento, O valse das folerpas de neve. O segundo acto iniciarase coa escena O castelo máxico no reino dos doces para rematar co valse Apoteose.
UNHA NOITE ESPECIAL. O Crebanoces é un dos grandes ballets que Chaikovski compuxo a finais do século XIX xunto co Lago dos Cisnes ou A Bela Durminte. Foi composto por encargo do director de teatros imperiais, Iván Vsévolozhsky, quen escribiu tamén o libreto baseándose na adaptación de Alexandre Dumas do conto O crebanoces e o rei dos ratos, de E.T.A. Hoffmann.
Unha creación que destaca pola brillantez da orquestración do compositor e o seu imaxinativo da cor instrumental, xunto cunha poderosa despregadura de harmonía para un efecto dramático.
O público poderá deleitarse nesta ocasión cun espectáculo de fama mundial con movementos moi recoñecidos por todos como a Danza das Flores de Azucre ou o Valse das Flores.
Aínda quedan algunhas entradas dispoñibles e se poden adquirir a un prezo de 15 euros a través de compostelacultura.gal, na Zona C da Praza de Cervantes ou no despacho de billetes do Auditorio desde unha hora antes de comezar o concerto. ecg
- El bar de Santiago premiado como uno de los mejores de España: 'Cuando lo montamos nos decían que era una locura
- La panadería de Santiago que triunfa con su café con flores: 'Estamos vendiendo más flores que pan
- Vuelve la fiesta que hace viajar a Santiago 50 años atrás: verbena, juegos tradicionales, música y magia
- Atropello en Rosalía de Castro: dos peregrinas heridas tras perder el control del vehículo un conductor octogenario
- El restaurante más antiguo de Galicia lleva casi dos siglos abierto en Santiago: 'Fuimos ultramarinos, aserradero e incluso hicimos ataúdes
- De las aulas de Santiago a la graduación en Michigan: la historia de éxito de Carlota Garabato en Estados Unidos
- La heladería artesana que triunfa en el casco histórico abre en Santiago su segundo local con helados sin lactosa
- Orquesta Compostela,107 años siendo el latido musical de Santiago