Xa se poden pedir bolsas para comedor,material escolar e actividades extraescolares

Aula de educación infantil de 2º ciclo / ECG
Redacción
O alumnado de centros docentes públicos e concertados sostidos con fondos públicos de educación infantil (2º ciclo) e de educación primaria obrigatoria xa poden solicitar becas para o curso 2023/2024, segundo publicou este xoves 23 de febreiro o Boletín Oficial da Provincia (BOP). Polo tanto, onte abriuse un prazo de dez días hábiles para que os interesados nas mesmas poidan presentar as solicitudes pertinentes.
A esta convocatoria destínanse un total de 795.000 euros, se ben esta contía podería ampliarse no caso de non chegar a cubrir todas as necesidades coa partida inicial. Estas bolsas están destinadas a unidades familiares e de convivencia empadroadas en Santiago que, por escaseza de recursos económicos, teñen dificultades ou ben non poden teñen capacidade para facer fronte aos gastos relacionados coa escolarización de menores que teñen ao seu cargo.
Hai tres tipos de bolsas: as de comedor, cun máximo de 90 euros ao mes; as destinadas á realización de actividades extraescolares, cun máximo de 30 euros ao mes, e as bolsas para adquisición de material escolar, cun máximo de 60 euros a través dun pago único. A estas modalidades hai que sumar a maiores as 160 bolsas de comedor para facilitar a conciliación da vida persoal, familiar e laboral, cun importe de 45 euros por mes.
En principio, o período subvencionable para as becas de comedor é do mes de setembro de 2023 ata xuño de 2024 (ambos os dous incluídos). Para as de actividades extraescolares é de outubro de 2023 ata xuño de 2024 (ambos os dous incluídos), e para a adquisición de material escolar, dende este venres 24 de febreiro, coincidindo co día da publicación das bases no BOP, ata o período máximo de xustificación do material escolar.
- Las nuevas conexiones nacionales de Lavacolla permitirán viajar a Italia por 30 euros
- Ghaleb Jaber Ibrahim, empresario e impulsor de la Fundación Araguaney, será el pregonero de las Festas do Apóstolo 2026
- Cambio de tiempo en Santiago: MeteoGalicia alerta de fuertes precipitaciones este lunes
- Una conductora se precipita con su coche desde el periférico al polígono de Costa Vella mientras escapa de la Guardia Civil en Santiago
- Pregón de las Fiestas del Apóstol: la concelleira descarta a Borja Iglesias
- Piden cuatro años de prisión para un policía urbanístico de Santiago por falsificar el informe de una obra en Fontiñas
- Muere Alfonso Tourís Nogueira, el enfermero y sindicalista que dirigió más de dos años el PSOE de Santiago
- El restaurante de Santiago para comer caldo, raxo y tarta por menos de 20 euros: un icono de 95 años que nació de una historia de amor