A USC propón un amplo programa de actividades con motivo do 8-M

Presentacións de libros, xornadas, obradoiros, sesións de cinema, teatro, relatorios, coloquios e mesmo un trivial feminista veñen integrando o programa de actividades da USC. Imaxe de arquivo dunha clase práctica.

Presentacións de libros, xornadas, obradoiros, sesións de cinema, teatro, relatorios, coloquios e mesmo un trivial feminista veñen integrando o programa de actividades da USC. Imaxe de arquivo dunha clase práctica. / Santi Alvite

igualdade

Con motivo do Día Internacional das Mulleres, conmemorado cada 8 de marzo, a USC organizará un programa de actividades que comenzarán dous días antes e se estenderá ás vindeiras semanas. Haberá presentacións de libros, xornadas, obradoiros, sesións de cinema, teatro, relatorios, coloquios, etc. O 8 de marzo, no Paraninfo da Universidade, darase lectura ao manifesto da Rede de Unidades de Igualdade de Xénero para a Excelencia Universitaria (RUIGEU), e recoñecerase a ‘ARMELA. Rede de investigación en igualdade, dereitos e Estado social’ pola súa traxectoria en prol da igualdade de xénero na Universidade. O acto dará comezo ás 12.30 horas e poderá seguirse a través da canle de YouTube da USC. Ese mesmo día, na Facultade de Ciencias do Campus de Lugo celebrarase a mesa de debate ‘A muller en I+D+i’ que contará coa asistencia de mulleres implicadas en distintos ámbitos da investigación, desenvolvemento e innovación, que transmitirán a súa visión ao alumando sobre as distintas facetas das mulleres na ciencia, a tecnoloxía e a sociedade. Pola súa parte, José Manuel Vázquez Lijó, profesor da UDC, pronunciará o relatorio Un mar en feminino. Achega histórica ás actividades das mulleres na economía marítima de Galicia na Sala de Conferencias do Arquivo Histórico a partir das 18.00 horas. Ademais, o Grupo Chévere interpretará As Fillas Bravas de Momán en Filoloxía, ás 13.00 horas, no Salón de Actos da Facultade.

Xa o luns día 6, terá lugar na Casa de Europa a presentación do libro Género y Política. Nuevas líneas de análisis ante la cuarta ola feminista, do que son editoras Alba Alonso e Marta Lois, profesoras da área de Ciencia Política e da Administración da USC. O acto, que comezará ás 12.00 horas, contará coa participación do reitor Antonio López e da ministra de Traballo e Economía Social, Yolanda Díaz, entre outras personalidades.

TEMAS