Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Audiovisual

Federico Pérez Rey: “Oxalá os cines repoñan ‘O corpo aberto”

“Gozo moito non sendo eu mesmo, que é unhas das cousas bonitas deste oficio”, di o premio Mestre Mateo como Mellor Actor de Reparto polo seu traballo nese filme dirixido por Ángeles Huerta, que tivo ata 12 galardóns

Federico Pérez Rey, actor de ‘O corpo aberto’, na entrevista feita no hotel Costa Vella (Santiago). / JESÚS PRIETO

Federico Pérez Rey, actor de ‘O corpo aberto’, na entrevista feita no hotel Costa Vella (Santiago). / JESÚS PRIETO / XABIER SANMARTÍN

¿Ya nos sigues?Márcanos como medio preferente
Añádenos en Google
Xabier Sanmartín

Xabier Sanmartín

Santiago

Federico Pérez Rey é claro e sinxelo na fala: “Gozo moito non sendo eu mesmo, que é unhas das cousas bonitas deste traballo”, di o premio Mestre Mateo como Mellor Actor de Reparto polo seu traballo en O corpo aberto, dirixida por Ángeles Huerta que tivo 12 galardóns nesa cita feita en Ourense. “Estou encantado de que O corpo aberto teña este recoñecemento porque é unha película feita con mogollón de cariño, e o mellor premio de todos agora sería que os cines repoñan a película”.

Federico e a modestia van da man. Actor galego nacido en Alemaña no 1976, veciño de Santiago e os mares achegados, no seu caso Bugallido (Ames), Federico ten un algo de Jack Lemmon pola súa capacidade para facer humor interpretando con veracidade a un cidadán calquera.

Escoita a comparación e di: “Non sei cantos cubatas teño que pagarte por esa esaxeración” e un minutiño despois bota man dunha viaxe recente ata Ourense onde, como noutras veces, lle dixeron: “É o actor de Era visto!”, conta en alusión a ese famoso formato de TVG. En Era visto! él facía de Moncho nunha comedia que tiña máis intérpretes de sona no deporte do sorriso: Manuel Manquiña, Víctor Fábregas ou Xosé A. Touriñán.

Federico, intérprete galego con nome de rei de séculos antes, é un dos monarcas da comicidade en Galicia pero vai gañando cada vez máis sona fora despois de películas onde ten papel principal como en Cuñados, dirixida en 2021 por Toño López (“Imos facer a segunda parte”), ou de reparto, como As Bestas (2022), de Rodrigo Sorogoyen.

Na recente gala deos Mestre Mateo, Federico estaba nomeado polo seu papel en O corpo aberto pero non estivo na cerimonia (onde gañou) porque... tiña deberes. “Tiña en Madrid un curso con Benito Zambrano, un obradoiro de tres días”, sinala sobre ese encontro didáctico cun director coñecido por longametraxes como Solas (1991).

“Un traballa para seguir traballando e dese xeito gozar desta profesión que para min é a mellor do mundo. Ser actor é un traballo fodido pero é a mellor profesión do mundo. Como moitos outros traballos, ten a precariedade dá non regularidade, pois é todo o contrario a un funcionariado, pois isto é un non saber, e o xeito de ir facendo curriculum para que te sigan chamando é o teu propio traballo, e cando mellor o fagas máis doado é seguir adiante... O mellor premio, máis hoxe en día, é que te sigan chamando para traballar”, salienta sobre eses premios creados polo Academia Galega do Audiovisual. E dá “grazas” por cada nomeamento.

Si quedou a familia de Federico diante da TVG na pasada noite dese galardóns e ollo porque nese fogar hai... tema. “Teño dúas fillas, Iria, e Xulia, e xa teñen algún que outro interese por este oficio e eu dígolles: chicas, o noso traballo é prepararnos e estar preparados para facer castins e que de vinte castins chamente para un proxecto”.

En O corpo aberto, onde o tamén picheleiro Tamar Novas é o protagonista (gañou outro Mester Mateo agora), Federico tivo a chamada da súa directora, Ángeles Huerta. “Ela confiou en min para facer un personaxe moitísimo máis sinistro que a media dos que eu estou acostumado a facer, que son papeis de comedia, e entón, ante todo, tócame agradecer a Ángeles esa confianza para amosar que os actores podemos facer varios rexistros si confían en ti porque, ás veces, por traballar dun xeito máis práctico ou automático, os produtores din.... ‘vou chamar a fulanito porque sei que fulanito vaime dar ben este perfil’, e os produtores van a un valor seguro, algo que entendo, pero tamén é precioso cando alguén confía en ti para sacarche da túa zona de confort, que no meu caso é a comedia”.

“Eu gozo tanto na comedia como no drama. Quero estar aí. Cando me din, ‘que prefieres, cine, teatro ou televisión?’ Eu digo sempre, eu quero estar aí, que si hai unha cámara ou hai trescentas persoas no público ou hai tres cámaras porque é unha teleserie, dame o mesmo, eu quero estar aí porque gozo moito non sendo eu mesmo, que é unhas das cousas bonitas deste traballo”, salienta Federico Jack Pérez, parte da segunda tempada da serie Rapa (Movistar+) e do elenco de Asedio, thriller de Miguel Ángel Vivas, de vindeira estrea en cines.

Tracking Pixel Contents