O Bloque reclama melloras no trazado da senda peonil entre O Milladoiro e Santiago

Imagen de la Nacional-550 a su paso por la ciudad de O Milladoiro

Imagen de la Nacional-550 a su paso por la ciudad de O Milladoiro / ECG

Redacción

 O BNG de Santiago, xunto coa eurodeputada Ana Miranda, mantivo unha xuntanza coas asociacións Espazo veciñal de Sar e Conxo Aberto, e comprometeuse a trasladar unha iniciativa á Comisión de Peticións do Parlamento Europeo pola falta de transparencia no proxecto da senda entre Santiago e O Milladoiro. Ademais, lembraron que o BNG xa presentou unha iniciativa no Parlamento galego e alegacións a este proxecto da Xunta. O obxectivo da xuntanza promovida por Conxo Aberto era explorar as posibilidades de trasladar ao Parlamento europeo as queixas e alegacións presentadas ao proxecto de trazado do Eixo de mobilidade sustentábel entre O Milladoiro e Santiago. Na reunión expuxéronse as liñas recollidas nas alegacións presentadas polo BNG e as dúas asociacións ao proxecto pola escasa aposta por articular unha trama urbana ciclábel, segura, cómoda, directa e próxima para a xeración de fluxos de mobilidade. Así, incidiron en que o proxecto debe servir para fomentar o uso peonil e da bicicleta.