Radiografía da poesía en Galicia con estas cinco voces do Respira!

Arancha Nogueira en el balcón leyendo el manifiesto ecopoético

Arancha Nogueira en el balcón leyendo el manifiesto ecopoético / ECG

O festival Alguén Que Respira! pechou onte en Santiago, no Día Mundial da Poesía, e coa mediación do director deste certame, Antón Lopo, EL CORREO faia unha enquisa viaxando polo mundo dos versos en Galicia recollendo as opinións de Tamara Andrés, Arancha Nogueira, Ismael Ramos, Claudio Rodríguez Fer e Helena Villar.

Radiografía da poesía en Galicia con estas cinco voces do Respira!

Tamara Andrés / XABIER SANMARTÍN

Tamara Andrés.

Tamara Andrés ten claro cal foron as primeiras chaves para abrir a galaxia da poética: “Eu entrei como lectora con Rosalía e formeime máis adiante con Lois Pereiro cando descubrín Poesía última de amor e enfermidade, o libro que fixo que quixese ser escritora, e tamén marcoume Os eidos, de Uxío Novoneyra”.

Na xanela de Google despois de poñer a palabra “Poesía” aparecen ata 199 millóns de resultados pero Tamara Andrés engade matices.

“Destacaría a idea de que a poesía non é unicamente unha expresión de sentimentos, tamén é unha ficción, coa poesía podemos pintar moitos territorios, é un xeito de liberdade, de deixarse ir”.

Ela fala de boa saúde deste xénero literario en Galicia pero con certa queixa: “A creación ten un nivel altísimo e unha saúde óptima pero hai poucas canles a través dos que verter ese potencial”.

Radiografía da poesía en Galicia con estas cinco voces do Respira!

Arancha Nogueira / XABIER SANMARTÍN

Arancha Nogueira.

Aparte de gabar a obra dese lenda chamada Rosalía, Arancha Nogueira cita tres posteriores guías.

“Yolanda Castaño, Lupe Gómez e María Lado me achegaron a ese mundo transgresor da poesía contemporánea. Foi a través da descuberta da súa poesía cando eu me decatei de que a poesía transgredir, de que podía ser algo máis que palabras bonitas e que podía ser unha arma”.

“A poesía é unha forma de estar no mundo, é unha forma de expresión e tamén de aprehender o mundo. A poesía vai moito máis alá da súa escrita cando temos unha ollada poética sobre as cousas. A poesía aínda que pareza algo moi literario e moi artístico é algo que parte do cotián”.

E ollando o presente Arancha é optimista: “Temos agora unha infinidade de voces moi potentes, moi orixinais e moi distintas e diversas entre si o cal tamén lle da riqueza a unha literatura e polo tanto podemos sentirnos orgullosas do estado de saúde da nosa poesía”.

Radiografía da poesía en Galicia con estas cinco voces do Respira!

Ismael Ramos / XABIER SANMARTÍN

Ismael Ramos.

A chegada da democracia desatou moito vento favor cara unha escrita en máis cores e diso beberon e beben ata poetas que non viviron aqueles tempos de finais do XX, un deles Ismael Ramos, que enumera quen e cando marcou seu rumbo ata as praias da poesía: “Marcoume sobre todo as poetas galegas dos anos 80 e 90: Pilar Pallarés, Ana Romaní, Xohana Torres, aínda que é anterior a elas, e xa nos 90 María Lado, María do Cebreiro”.

E o mesmo que Israel conta a cara feliz desa maxia do xogo dos versos, fala de certa beira escura: “A poesía é como un asomarse o abismo. Aprendes sempre algo novo pero esa aprendizaxe te deixa tamén un pouco na intemperie xa que fai que dubides de máis cousas e nese sentido é unha ferramenta marabillosa”

E completa o seu retrato da poesía hoxe feita en Galicia.

“É moi variada, moi vizosa si ben é certo que non temos que perder de vista, por exemplo, os datos editoriais seguen sendo bastante negativos, so un 8 % dos libros que se venden en Galicia están en galego e non me quero imaxinar cal será a porcentaxe dese 8% que corresponde aos libros de poesía pero a nivel creativo hai moita xente en activo de xeracións distintas e parece salientable a maneira na que a poesía galega nas últimas décadas conseguiu transcender as súas fronteiras” .

Radiografía da poesía en Galicia con estas cinco voces do Respira!

Claudio Rodríguez Fer / XABIER SANMARTÍN

Claudio Rodríguez Fer.

Claudio Rodríguez Fer mira cara a EEUU para citar o seu referente.

“Para min Walt Whitman foi un aldabonazo que supoñía que podíamos entender a poesía dun xeito libre, vitalista, feita con elementos naturais... A poesía é vida en unión libre. Sen liberdade non hai poesía nin verdadeira vida. A poesía en Galicia sempre aflorou, desde o século XIX con Rosalía, aínda vixente ata o século XX con Luz Pozo Garza ata chegar, xa neste século XXI, a poetas como Olga Novo”, salienta a autor do manifesto ecopoético no Día Mundial da Poesía do Respira!, un texto que remata deste teixo: “Saúde e poesía para todo canto hai. A loita continúa”.

Radiografía da poesía en Galicia con estas cinco voces do Respira!

Helena Villar / XABIER SANMARTÍN

Helena Villar.

O Premio Nobel de Literatura en 1956, Juan Ramón Jiménez, foi fundamental no romance coas letras para toda a vida de Helena Villar.

“Despois fun descubrindo a Rosalía, Cunqueiro... A poesía é a orixe da nosa gran literatura. A poesía galega foi sempre o máis normal que tivo este país cunha incursión maior das mulleres que noutras áreas. A poesía galega ten unha saúde magnífica, é a mellor expresión do noso…”

TEMAS