ata o 30 de marzo

600 estudantes e unha ducia de docentes participan na Semana da Economía Social

Maite Cancelo

Maite Cancelo / ECG

A USC, a través do seu Centro de Estudos Cooperativos (Cecoop) conmemora ata final de mes xunto a outros 38 centros iberoamericanos a cuarta Semana Universitaria da Economía Social. Na iniciativa agárdase que participen uns 600 estudantes e unha ducia de docentes, co obxectivo de dar visibilidade ás entidades galegas do sector e aos resultados da investigación neste ámbito. O acto central tivo lugar onte e ata o 30 de marzo o profesorado de varios graos abordará o concepto e cuantificación da economía social galega dende diferentes puntos de vista.

A achega deste sector á economía galega estímase no 7 % do PIB. Segundo sinala a directora do Cecoop, Maite Cancelo, “a súa vinculación co territorio galego, sobre todo en zonas menos poboadas, como son as do interior e algunhas costeiras, fan que sexan entidades especialmente comprometidas coa consecución dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible da ONU”.