Todo preparado para o Revera Vimun: 500 caldos, conferencias e premios
O encontro, que se inaugura hoxe, contará cun roteiro polos bares da capital galega

Edición do ano pasado do Revera Vimum / cedida / redacción
Redacción
O San Francisco Hotel Monumento xa está preparado para recibir hoxe aos visitantes do II Encontro do Viño Galego Revera Vinum, o encontro do viño galego no que durante dous días poderase coñecer a gran variedade de adegas, Denominacións de Orixe e Indicacións Xeográficas Protexidas que se estenden por Galicia, e que contará con máis de 500 referencias e un completo programa de actividades.
Promovido pola Asociación Hostelería Compostela e organizado por Escenoset, co patrocinio da Xunta e o Concello de Santiago, o Revera Vinum se inaugurará hoxe 11.00 horas. Ademáis da zona expositiva das empresas distribuidoras e adegas, e do Túnel do Viño, onde terán especial presenza as adegas premiadas nas Catas de Galicia 2022, o Revera Vinum conta cun amplo programa de actividades, con prezos que van dende os 25 aos 45 euros, como Castes galegas vs castes internacionais, con Luis Paadin (luns, 27; 10.00 horas); ou Cata de cartas de viños dos séculos XVIII – XIX, con Alejandro Paadin (luns, 12.30 horas), entre outras. Tamén haberá varias actividades gratuitas como a mesa de debate Valores dentro dunha copa.
O prezo das entradas para ter acceso ao recinto é de 10 euros que permiten a visita en horario ininterrumpido de 10.00 a 20.30 horas. Cada localidade dará acceso ás diferentes casetas de empresas distribuidoras e adegas, representando a todas as denominacións de orixe e indicacións xeográficas protexidas galegas, e que formarán parte dá área expositiva.
Ademais, coa entrada tamén se poderá acceder a algunha actividade gratuíta e ao Túnel do Viño onde os visitantes poderán coñecer máis de 300 referencias mentras gozan e aprenden co asesoramento do persoal que o atende, durante 30 minutos. A Asociación Galega de Sumilleres Gallaecia celebrará no marco do Revera Vinum o seu acto de 25 aniversario, con entrega de distincións e premios e tamén se celebrará o Galicia en Copas, un roteiro de viños por bares da cidade.
- Una cooperativa de viviendas en Santiago, preseleccionada al Premio Mies van der Rohe entre obras de toda Europa
- Financial Times' sitúa a una empresa con sede en Santiago como referente en Europa
- Subastan dos locales en Área Central de un fondo luxemburgués con bienes en Santiago
- Caótica mañana en la AG-56: un coche es pasto de las llamas y otros seis chocan entre sí
- Santiago elige estos dos días como sus festivos locales en 2026
- Nueva apertura en la ‘milla de oro’ de Santiago: abre una juguetería en Montero Ríos
- La historia del peor asesino de Santiago: cuatro muertos en Marrozos
- Raxoi explicará a los vecinos las nuevas restricciones en la zona vieja que ‘vetan’ negocios turísticos