O premio Novela Europea Casino trae a Jesús Carrasco e Juan Gabriel Vásquez

A entrega do Premio Novela Europea Casino de Santiago terá lugar o 13 de xuño

A entrega do Premio Novela Europea Casino de Santiago terá lugar o 13 de xuño / ECG

No Casino, deron onte a data de entrega do XVI Premio Novela Europea Casino de Santiago, que terá actividades paralelas. Ubaldo Rueda, presidente de la Asociación Cultural Café Casino, recordou que o galardón nesta edición recaeu nos escritores Jesús Carrasco por Llévame a casa (editorial Seix Barral) e Juan Gabriel Vásquez por Volver la vista atrás (Ed. Alfaguara). Maribel Martin, vicepresidenta da entidade convocante, explicou que os autores estarán en Santiago os días 12 e 13 de xuño. Neste premio colaboran os clubs de lectura dos centros socioculturais da capital galega, os das Bibliotecas da Xunta de Galicia e outros como o Club Onas das Letras, o Club da Libreta, os clubs das librerías San Pablo e Cronopios e as librerías do Corte Inglés de Santiago e de Asturias. Estivo tamén neste acto, o secretario xeral de Política Lingüistica, Valentín García, e a edil Mercedes Rosón, entre outras persoas convidadas.