Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Ciclo saúde mental

Elsa Punset habla en Santiago das oportunidades de cambio

Elsa Punset, durante a conferencia no Auditorio Abanca / |  EDUARDO SÁNCHEZ

Elsa Punset, durante a conferencia no Auditorio Abanca / | EDUARDO SÁNCHEZ / ecg

Redacción

Santiago de Compostela

A escritora e divulgadora Elsa Punset analizou onte os cambios que se experimentaron nos últimos tres anos e as oportunidades que se presentan para transformar e adaptar a vida ao momento actual. “Desde hace tres años todo está cambiando, nuestro modo de trabajar, de relacionarnos con los demás y de tratar el mundo que nos rodea. Probablemente no volveremos a tener, en el resto de nuestra existencia, una oportunidad tan clara y urgente para transformar nuestras vidas y, con ella, el mundo en el que vivimos”, afirmou.

A divulgadora ofreceu a charla Propostas para estes tempos extraordinarios, organizada pola Fundación Araguaney-Puente de Culturas no Auditorio Abanca de Santiago. Unha iniciativa coa que comeza o ciclo Saúde mental en Galicia, organizado pola fundación en colaboración coa Consellería de Sanidade, Afundación, a Obra Social de Abanca e o Concello de Santiago.

O ciclo forma parte das actividades deste ano sobre a problemática das patoloxías mentais.

Tracking Pixel Contents