Verea aposta por construír un parking de catro plantas e 2.000 prazas no CHUS

Recreación virtual do aparcadoiro que propón o candidato do PP

Recreación virtual do aparcadoiro que propón o candidato do PP / REDACCIÓn

Redacción

Borja Verea, candidato á Alcaldía de Santiago, anunciou onte que construirá “un aparcadoiro orgánico dentro do recinto” do Hospital Clínico Universitario, “unha solución integral con dous obxectivos: arranxar o problema de aparcamento, creando 2.000 prazas repartidas en catro plantas; e xerar un espazo humano, de calidade e terapéutico, con máis de 20.000 m2 de zonas verdes”.

“Trátase dun aparcadoiro dentro do propio recinto do CHUS, cun modelo completamente diferente ao do resto de forzas políticas, que queren empregar parcelas alonxadas e con grandes pendentes, lonxe da entrada do hospital e incómodas para os doentes e os seus acompañantes”, incidiu.