Campaña

Estudantes de Odontoloxía ensinan a previr o cancro oral

Estudantes de Odontoloxía explican como autoexplorarse./jesús prieto

Estudantes de Odontoloxía explican como autoexplorarse./jesús prieto / ecg

Redacción

Alumnado de terceiro e quinto do grao en Odontoloxía concienciaron onte á poboación no Obradoiro sobre o cancro oral, dentro dunha iniciativa en colaboración coa Asociación Española Contra o Cancro. Os estudantes explicaron aos cidadáns como poden autoexplorarse, ao gual que xa se fai con outro tipo de tumores como o de mama.

A campaña divulgativa tivo lugar no marco da celebración do Congreso de Medicina Oral que se desenrola desde onte e ata este sábado, dando acubillo ao XVII Encontro da Sociedade Española de Medicina Oral (SEMO) e o XVIII Encontro da Academia Iberoamericana de Patoloxía e Medicina Bucal (AIPMB).

Reúne estes días na Facultade de Medicina e Odontoloxía especialistas internacionais en Patoloxía Bucodental. Andrés Blanco Carrión (presidente), Pilar Gándara Vila (vicepresidenta), Eva Otero Rey (secretaria) e Manuel Somoza Martín (tesoureiro) encabezan o comité organizador deste evento que retoma nesta edición a asistencia presencial.

TEMAS