Cooperación pola saúde pública entre a Consellería de Sanidade e a Universidade

O convenio procura a colaboración en materia docente e investigadora

O conselleiro de Sanidad, Julio García Comesaña, co reitor da Universidade de Santiago de Compostela, Antonio López

O conselleiro de Sanidad, Julio García Comesaña, co reitor da Universidade de Santiago de Compostela, Antonio López / XOÁN CRESPO

Redacción

O reitor da Universidade de Santiago (USC), Antonio López, e o conselleiro de Sanidade da Xunta, Julio García Comesaña, asinaron onte un convenio de colaboración entre as dúas entidades co ánimo de desenvolver actividades e investigacións no eido da saúde pública. A través deste acordo establécense as bases de cooperación entre as dúas entidades, que se concretarán en proxectos individualizados que contarán con cadanseu convenio específico. En liñas xerais, as tarefas que se incluirán neste convenio orientaranse ao deseño e desenvolvemento de actividades formativas e de investigación; proxectos de consultaría; divulgación e intercambio de coñecemento; celebración de xornadas, conferencias e foros; edición de publicacións; e novas liñas de traballo en saúde pública.

Polo cumprimento do convenio marco e dos específicos velarán unha comisión de seguemento paritaria, integrada por tres representantes da Consellería de Sanidade, designadas pola Dirección Xeral de Saúde Pública, e tres pola USC.