O Concello de Santiago publica as listas definitivas das escolas infantís municipais para o vindeiro curso

As familias deberán formalizar a matrícula entre o día 6 e o 16 de xuño

Na escola contarán con toda a información e asesoramento relativo ao seu funcionamento

Na escola contarán con toda a información e asesoramento relativo ao seu funcionamento / ECG

Redacción

O Concello de Santiago acaba de publicar a listaxe definitiva de admitidos/as e excluídos/as así como a lista de agarda para as escolas infantís municipais de Conxo, As Fontiñas e Salgueiriños-Meixonfrío. As familias con nenos e nenas que teñan adxudicada unha praza para este curso escolar 2023-2024 deberán formalizar a matrícula entre o día 6 e o 16 de xuño.

O pasado 26 de maio, a Xunta de Goberno en sesión extraordinaria acordou aprobar as listaxes definitivas de admitidos, excluídos e listas de agarda nas Escolas Infantís Municipais de Conxo, Fontiñas e Meixonfrío-Salgueiriños para o curso 2023-2024.

Entre o día 6 e o 16 de xuño de 2023, as familias con nenos e nenas que teñan adxudicada unha praza para este curso escolar 2023-2024 deberán achegarse á escola infantil correspondente para proceder á formalización da matrícula. Na escola contarán con toda a información e asesoramento relativo ao seu funcionamento, poderán visitar as instalacións e recoller os impresos necesarios para a formalización da matrícula.