Volve o festival Go!Go!Zo! ao Monte do Gozo con unha ampla programación

Macroactuación de rock nunha anterior edición do Go!Go!Zo!

Macroactuación de rock nunha anterior edición do Go!Go!Zo! / redacción

redacción

Tras a excelente acollida dos anos anteriores, o festival Go!Go!Zo! regresa ao Monte do Gozo cunha ampla programación que se desenvolverá entre o 10 de xuño e 24 de setembro. O evento segue a apostar polas futuras promesas da música e vén de abrir as inscricións para a segunda edición do XeneraSon Rock. “A diferencia da anterior, este ano abrimos o abano de posibilidades e pode participar calquera banda novel, coa única condición de que non teña contrato cun selo discográfico”, indican desde a organización do festival Go!Go!Zo!

O II XeneraSon Rock desenvolverase en dúas fases: as semifinais (os días 23, 24 e 25 de xuño) e a final (o 15 de xullo). Un xurado profesional será o encargado de valorar as actuacións pasando á última fase 6 bandas. Desas seis, dúas serán as gañadoras e, como premio, poderán gravar un EP nun estudo profesional e actuar en dous dos festivais estivais de referencia en Galicia. Outra das grandes novidades de Go!Go!Zo! será o desenvolvemento do XeneraSon Camp, unha iniciativa transfronteiriza inédita que permitirá á mocidade galega participar nunha formación inmersiva dunha semana de duración na Escola do Rock Paredes de Coura. Picadiscos para amenizar as tardes e veladas do verán ou actividades de lecer para a cativada formarán parte dunha ampla programación estival.