San Marino amosa o seu interese en establecer relacións de cooperación turística con Santiago

Visitan Compostela Giovanni Francesco Ugolini, ex Capitán Rexente do país, e Andrea Paesini, embaixador do Camiño de San Marino

Imaxe dos visitantes de San Marino co concelleiro na praza do Obradoiro

Imaxe dos visitantes de San Marino co concelleiro na praza do Obradoiro / RAxoi

ECG

O concelleiro de Relacións Institucionais en funcións, Sindo Guinarte, reuniuse hoxe con Giovanni Francesco Ugolini, quen foi Capitán Rexente de San Marino nos semestres do 1 de abril ao 1 de outubro de 2002; e durante o semestre do 1 de outubro de 2010 ao 1 de abril de 2011. No encontro, Ugolini amosou o seu interese en establecer relacións de cooperación turística entre os departamentos de turismo de Compostela e de San Marino. Tamén asistiu Andrea Paesini, embaixador do Camiño de San Marino.

É a quinta vez que Giovanni Francesco Ugolini percorre o Camiño de Santiago, neste caso o Camiño Inglés. Durante a súa estancia en Santiago tamén se reuniron co arcebispo e entregáronlle a "testemuña" e credenciais do "Camiño de San Marino", que están promocionando.

one fortresses Guaita city San Marino

Guaita es uno de los tres picos que domina la ciudad de San Marino, la capital homónima / © dmitr86/stock.adobe.com

A República de San Marino atópase na provincia de Rímini, na Emilia Romaña. É o terceiro estado independente máis pequeno de Europa despois de Mónaco e o Vaticano. De feito, a extensión do seu territorio é de algo máis de 60 quilómetros cadrados. Está dividido en nove lugares diferentes, chamados Castelos.

O Estado de San Marino, ao igual que Santiago, é Patrimonio da Humanidade e está considerada a república máis antiga do mundo, xa que mantén esta forma de goberno desde o século XIII.