Convocadas catro axudas de 8.000 euros para as residencias artísticas no Gaiás

Os seleccionados realizarán unha estancia de entre tres semanas e mes e medio

Cidade da Cultura en la cima del Gaiás

Cidade da Cultura en la cima del Gaiás / Ciudade da Cultura

Redacción

A Xunta de Galicia vén de lanzar a segunda edición das axudas ao desenvolvemento de proxectos de creación contemporánea no marco do programa de Residencias Artísticas do Gaiás. Cada persoa beneficiaria recibirá unha achega económica de 8.000 euros e realizará unha estancia de entre tres semanas e mes e medio na Cidade da Cultura, nos meses de setembro a novembro de 2023. Segundo informou onte a Consellería de Cultura nun comunicado, as axudas REGA están dirixidas a creadores con propostas de vangarda ligadas ás artes visuais, escénicas, musicais e de deseño. Valorarase de maneira especial a súa conexión con outras disciplinas, atendendo ao carácter híbrido da cultura actual. Un tribunal de valoración, integrado por persoal da Fundación Cidade da Cultura e persoas de recoñecida competencia do sector cultural, seleccionará un máximo de catro proxectos, un por cada categoría.

Durante a súa residencia, a Fundación Cidade da Cultura ofrecerá a cada unha das persoas beneficiarias un espazo de traballo, recursos humanos propios de seguimento técnico do proxecto e o acompañamento dunha persoa mentora especialista en cada unha das áreas da convocatoria. O resultado poderá ter unha vertente de investigación, unha dimensión práctica ou mixta, e darase a coñecer de maneira pública unha vez rematada a súa estadía no Gaiás.

As candidaturas poden presentarse ata o vindeiro 3 de xullo, preferentemente de maneira telemática a través da sede electrónica de la Xunta.