Vodas de ouro da promoción do 70 de Matemáticas da USC

Foto de familia da promoción do 70 de Matemáticas da USC

Foto de familia da promoción do 70 de Matemáticas da USC / S. alvite

Redacción

A Promoción da Licenciatura en Matemáticas da USC que rematou no curso 1969-70 celebrou onte as súas vodas de ouro, tras adiarse o acto por mor da pandemia. Participaron a presidenta de Alumni USC, Eva López Barrio; a decana da Facultade de Matemáticas, Elena Vázquez Cendón; e o catedrático da Área de Análise Matemática, Gerardo Rodríguez, como representantes dos docentes deste curso. Ademais, participaron os tres organizadores da promoción, en representación dos máis de 20 compañeiros e compañeiras que presenciaron o encontro: o catedrático de Xeometría e Topoloxía, Luis Hervella; o catedrático da Área de Álxebra, José Luis Freire Nistal e o catedrático de Matemáticas do IES Rosalía de Castro, Rafael Romero López. Entre os matemáticos da promoción do 70 tamén presenciaron o acto o catedrático da Área de Álxebra, José Luis Gómez Pardo ou a catedrática de Matemáticas, Mercedes Sampayo Yáñez. Todos eles asinaron no Libro de Honra da Facultade de Matemáticas.