Investimento de 800.000 euros para dous proxectos na parroquia de Marrozos
Pretende mellorarse o espazo público dispoñible no viario municipal

Os dous proxectos están enmarcados no Plan de Obras e Servizos da Deputación da Coruña / ECG

A Xunta de Goberno Local ten previsto aprobar este luns dous proxectos construtivos na parroquia de Marrozos, que contan cun investimento de 805.150 euros. Trátase da primeira fase da Reforma do viario A Pajuela-Campo da festa de Marrozos, e da segunda fase de Ampliación da plataforma do viario entre Cañoteira e Outeiro de Marrozos. Os dous proxectos presentados pola Concellaría de Medio Rural, están enmarcados no Plan de Obras e Servizos da Deputación da Coruña.
A Reforma do viario A Pajuela-Campo da festa de Marrozos (fase I) conta cun orzamentos estimado de 448.450,20 euros, IVE engadido e está incluido no POS+ Adicional 2/2022 da Deputación da Coruña.
Pretende mellorarse o espazo público dispoñible no viario municipal que discorre dende A Pajuela e segue ata o Campo da festa de Marrozos mediante o seu acondicionamento con actuacións de pavimentación e formación de cuneta transitable en ambas marxes.

Reforma do viario A Pajuela-Campo da festa de Marrozos / Concello
Pódense distinguir dúas zonas de actuación, diferenciadas polo cruzamento sobre a N-525: ao oeste, cun viario duns 4 metros de ancho máis cunetas en terra a ambas marxes; e ao leste da ponte, un treito máis urbanizado e cunha configuración totalmente independente, composto por un eixe dende a ponte con calzada de dous carrís de 3,50 metros cada un, máis beirarrúa pola marxe sur e un viario transversal que se corresponde co antigo trazado da estrada nacional e que presenta na actualidade a súa plataforma totalmente pavimentada.
A ampliación da plataforma do viario entre Cañoteira e Outeiro de Marrozos (fase II) conta cun orzamento estimado de 356.700 euros, IVE engadido, e está incluída no POS+ 2021 da Deputación da Coruña. A obra descrita no proxecto construtivo ten por obxecto a ampliación do citado viario municipal, situado na Ruta da Prata, no Camiño de Santiago; para adaptalo ás novas necesidades do tráfico da zona xa que, na actualidade, o ancho de calzada resulta insuficiente.
O ancho medio da estrada varía entre 3 e 4 metros. Con estas obras proporciónaselle unha amplitude uniforme de seis metros. Co obxecto de mellorar tamén a calidade da rodaxe reforzarase o pavimento cunha capa de aglomerado en quente. Tamén se modificará a rasante en zonas puntuais, tendo en conta, para a súa definición, os accesos ás vivendas e leiras particulares; así como as rasantes dos viarios que entroncan coa estrada.
- La CIG mantiene la huelga indefinida en los autobuses de Santiago a partir del miércoles, mientras UGT y CCOO la aplazan
- Estos son los servicios mínimos de los buses de Santiago a partir de este miércoles ante la huelga indefinida
- Un incendio en el centro comercial As Cancelas, en Santiago, obliga a desalojar el edificio: 'Se escucharon explosiones en la cubierta
- Estos son los ocho restaurantes de Santiago con la mejor relación calidad-precio
- Patronal y sindicatos vuelven a la negociación para evitar la huelga de buses en Santiago desde el miércoles
- La CIG convoca asambleas para decidir cuándo reiniciar la huelga de autobuses en Santiago
- Las listas de espera de los talleres de coches en Santiago: 'Ahora mismo estamos desbordados
- La CIG espera cita con la patronal: si no hay acuerdo el lunes se reactiva la huelga de buses indefinida en Santiago