Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Santiago acolle unha exposición que rinde tributo ás profesións máis artesanais do pobo galego

Coincide co impulso da edición de Fragmentos de Onte de Martín Codax: seis botellas con fotografías de Ruth Matilda Anderson

Inauguración da exposición “Fragmentos de Onte” de Martín Codax na Sede de Afundación en Vigo

Inauguración da exposición “Fragmentos de Onte” de Martín Codax na Sede de Afundación en Vigo / A. Villar

Lorena Rey

Lorena Rey

Santiago

A bodega Martín Códax trae ata Santiago a exposición Fragmentos de Onte, que estará na Igrexa da Universidade dende mañá e ata o 29 de xullo, e que practicamente coincide co lanzamento da edición especial do seu albariño Fragmentos de Onte, unha colección de seis botellas únicas coa selección do legado fotográfico da americana Ruth Matilda Anderson que estará dispoñible por tempo limitado. Trátase de fotografías que afondan na vida do pobo galego grazas ós relatos visuais que realizou entre os anos 1924 e 1926, nos que recolle fragmentos da vida feminina, da beleza do cotiá, que agora visten o albariño de Martín Códax.

As fotografías elixidas para esta edición especial son Palilleiras traballando nunha casa en Muxía; Arranxando redes (Marín); Remexendo a ribeira na procura de marisco (Cortegada); Leiteiras de volta a Carnota; Levando cacharros á feira mensual (Ourense); e Mercado de madeira e palla (Pontevedra).

Entre 1924 e 1926, Archer Milton, fundador da Hispanic Society of America de Nueva York, mandou á fotógrafa Ruth Matilda Anderson a Galicia, en varias expedicións, para recoller todo o material etnográfico que estaba a piques de se perder: vestiario, oficios, festas, costumes, feiras, tradicións...

A exposición é unha escolma de máis de sesenta traxes, froito de cinco anos de estudo, busca, análise e recuperación sobre a viaxe e o libro de Anderson. É un rigoroso traballo de investigación co que se pretende reproducir, ante os ollos do visitante, o que viu a fotógrafa cando chegou a Galicia da maneira máis exacta posible. O espectador poderá coñecer preto de mil pezas de roupa (unha gran porcentaxe delas antigas ou reproducidas a partir de padróns e tecidos antigos) e tamén aparellos de labranza, obxectos do fogar e diferentes elementos orixinais da época.

A través deles, coñeceranse ás leiteiras da comarca de Santiago reunidas na Rúa Nova ao amencer, ás redeiras de Marín, aos zoqueiros nas feiras de Pontevedra ou Santiago, ás vendedoras da Praza da Leña de Pontevedra ou ás castañeiras de Compostela.

Despois de inaugurarse e estar na cidade de Vigo, do 20 de abril ao 10 de xuño na Sede de Afundación, a exposición Fragmentos de Onte estará na Igrexa da Universidade de martes a venres de 17:30 a 20:30 horas, os sábados de 11:00 a 14:30 e de 17:30 a 10:30 horas e os domingos de 11:00 a 14:30 horas, durante máis dun mes. Os sábados, ás 11:30 horas, haberá visitas guiadas da man de Sete Espadelas, comisarios da exposición, e as entradas deberán reservarse previamente na web da Adega.

Tracking Pixel Contents