A Unidade de Saúde Mental Infanto-Xuvenil, a primeira coa acreditación de calidade
De referencia en Galicia para doentes graves, é das poucas de España con este recoñecemento

José Mazaira e o seu equipo, coa acreditación xunto a Eloína Núñez. / k.m.

A Unidade de Saúde Mental Infanto-Xuvenil da Área Sanitaria de Santiago e Barbanza, é a primeira da comunidade en obter a acreditación de calidade pola norma ISO 9001:2015. De referencia para doentes de toda Galicia que precisen hospitalización por patoloxía grave, conta tamén con consultas externas e hospital de día.
Convértese tamén nunha das primeiras con esta acreditación, o que segundo a xerente da área sanitaria, Eloína Núñez, supón “un estímulo ao excelente traballo de todos os profesionais que a conforman” esta unidade do CHUS.
Conta con tres dispositivos principais: o de consultas externas, o hospital de día -que atende en formato de tratamento intensivo a pacientes en base a diversos programas (como o de tratamento dos trastornos da conduta alimentaria, de abordaxe de condutas autolesivas ou para tratar o trastorno mental grave)- e o dispositivo de Hospitalización. Este é o único existente en Galicia para o tratamento específico, en réxime de ingreso, de nenos e adolescentes con problemas de saúde mental que o requiran, e leva funcionando máis de dez anos ao longo dos cales atendeu a preto de oitocentos pacientes de toda Galicia en situacións críticas.
O responsable da unidade, José Mazaira considera fundamental “a continua coordinación entre os distintos profesionais de diversas disciplinas (psiquiatría, psicoloxía, enfermería, terapia ocupacional, traballo social..) que integran os equipos, e que están a desenvolver o seu labor cun compromiso e dedicación encomiables”.
Destaca o desenvolvemento e posta en práctica dun cambio esencial no modelo do traballo clínico na unidade, “reorganizando inicialmente a asistencia en consultas externas segundo niveis de gravidade”, e que puxeron en marcha ante o aumento considerable e persistente nas demandas de atención por problemas de saúde mental en mozos.
Segundo o doutor Mazaira, “o aumento adicional da demanda producido a partir da pandemia confirmou esa esixencia e acabou de definir un modelo no que os tres dispositivos principais da unidade (consultas externas, o hospital de día e a área de hospitalización) se organizan e interactúan de forma estreita para proporcionar unha atención ao paciente adecuada en cada momento á maior ou menor gravidade da súa situación clínica e necesidades”.
“A obtención do certificado de calidade implica un recoñecemento explícito a unha organización e un traballo asistencial que cumpre altos criterios de calidade no amplo conxunto de tarefas que conforman o desempeño habitual da unidade compostelá”, dixo.
- Encuentran el cadáver de un hombre amarrado a una escalinata del puerto de Ribeira
- El vacuno de carne alcanza precios históricos en Galicia: un ternero que valía 830 euros tras la pandemia se paga hoy a 1.850
- La casa de la Ribeira Sacra donde rodó Mario Casas se puede alquilar desde 280 euros
- Galicia quiere convertirse en el gran plató de las películas y series que se rueden en España
- Encuentran de madrugada el cadáver de una persona en el puerto de Ribeira
- O_Rubio King Doc Barni, la vaca lechera de Santa Comba que conquistó el título de Gran Campeona de Galicia 2026: 'Mi hermano pequeño y yo siempre tuvimos esta ilusión
- ¿Qué se sabe del cadáver encadenado en el puerto de Ribeira? La Policía investiga si Amador Mos Orellán fue asesinado o se suicidó
- Alumnado del Xelmírez II recogerá esta semana su premio tras triunfar en Enreguéifate
