Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

O dúo santiagués Boyanka Kostova presentan o seu hit de verán "Pola Costa remix"

Cibrán García e O Chicho do Funk xúntase con Dios Ke Te Crew, High Paw, JaguarOne e DJ Mil para reversionar o tema máis axeitado para a tempada estival

O dúo compostelán Boyanka Kostova son Cibrán García e O Chicho do Funk

O dúo compostelán Boyanka Kostova son Cibrán García e O Chicho do Funk / Álvaro Alvite

¿Ya nos sigues?Márcanos como medio preferente
Añádenos en Google

Redacción

Santiago

Apenas un mes despois do exitoso lanzamento do seu novo disco, Os meus peidos cheiran a pétalos perfumados -o seu 5º álbum en apenas 7 anos-, Bokanya Kostova volven á carga. E fano con todo o equipo. High Paw, Dios Ke Te Crew, JaguarOne (ex-Juanito Broders) e Dj Mil únense ao dúo compostelán formado por Cibrán García e O Chicho do Funk e presentan "Pola Costa Remix".

'Pola Costa' é un tema co que, din, o público xa toleaba nos concertos. Agora, sobre esta base de RAP bailable, fresco e inspirado no G-Funk, outras figuras da escena do Rap galego dan a súa propia visión do tema. Entre eles, os Dios Ke te Crew, grandes referentes do xénero en Galicia e cos que xa teñen colaborado; High Paw, que xunto a Chicho (Ortiga) participou no seu “Poiro EP” conxunto; DJ Mil, referente da escea e colaborador en “Vexeta”; e JaguarONe (ex-Juanito Broders), o emblemático MC picheleiro que levaba un tempo fóra da escea. 

O remix de verán de Boyanka Kostova

"Pola Costa Remix" soa a pasalo ben, soa a verán e por fin poderá gozarse máis aló do directo.

O traballo desenvolvido en "Pola Costa Remix" complétase cun videoclip obra de Álvaro Alvite. Xogando coa estética retro, High Paw, Dios Ke Te Crew, JaguarOne (ex-Juanito Broders), Dj Mil, Tini Templado, Mauro e Boyanka Kostova divírtense cantando a cámara en diversos escenarios na costa de Muxía e desde o barco de Cangas.

Os meus peidos cheiran a pétalos perfumados confirmou hai apenas unhas semanas o bo momento que atravesa Boyanka Kostova. Agora, "Pola Costa Remix" vén deixar constancia de que isto non para, de que nada detén a estes dous santiagueses. Queren máis e traballan para compartilo canto antes. E así, con eles, poñemos banda sonora ao verán.

Tracking Pixel Contents