‘Libros que fan barrio’, a iniciativa que promove a lectura e cohesiona San Pedro

Posto da biblioteca de rúa de San Pedro. / A.T.

‘Libros que fan barrio’ é unha iniciativa impulsada desde a Asociación Veciñal A Xuntanza, de San Pedro, e a Cooperativa cultural 7H e xestada entre oito mulleres xa hai ben de tempo, a cuestión, é que administración local non permitía a instalación da biblioteca na rúa. O ano pasado, retomouse con forza a iniciativa e, desta volta si foi posible.
Dende a primavera deste ano, entre a praza da Angustia e a rúa de San Pedro, hai un moble con libros a libre disposición da veciñanza, unha iniciativa que está a ter unha acollida fantástica e pola que xa se interesaron colectivos doutros barrios da cidade. “Xuntámonos unha vez ao mes”, conta Sofía Caamaño, integrante do grupo responsable desta iniciativa, “coa intención de facer todo proxecto algo que fose máis alá da mera biblioteca, unha forma de loitar contra a turistificación do barrio, entender a lectura dun modo comunitario, conseguir un espazo tamén para as crianzas, non simplemente crear un vertedoiro de libros vellos”.
Así, bautizouse a praciña entre a Angustia e San Pedro como “Praciña da Lectura”, construíse un moble coa colaboración da empresa Hábitat Natural “pensado para que sexa fácil de replicar e resistente ás adversidades climáticas”. Pero até chegar aí, estas oito mulleres fixeron un extenso traballo de campo. “Realizamos moitas accións previas porque non queriamos que a biblioteca fose algo alleo ao barrio”, explica Sofía, “fixemos enquisas sobre que libros gustarían, se se lle vía sentido á iniciativa... comezamos deixando polo barrio caixóns con libros e ao día seguinte desapareceran todos os exemplares, fixemos un recital con Comadres das Letras, presentamos o proxecto no Auditorio de Galicia...”.
Un traballo previo que deu neste éxito actual e, como afirma Sofía Caamaño, “sempre que imos hai libros e incluso Cds”. Dende o colectivo agardan ao mes de setembro para ver como segue ‘Libros que fan barrio’, se a inicitiva se reproduce nalgún outro barrio da cidade, se se crea un club de lectura e sempre co obxectivo de “entender como nos relacionamos, facer da cidade un espazo máis quente e co dsexo colectivo de xerar relacións de barrio a través da lectura”.
- Una conductora se precipita con su coche desde el periférico al polígono de Costa Vella mientras escapa de la Guardia Civil en Santiago
- Pregón de las Fiestas del Apóstol: la concelleira descarta a Borja Iglesias
- Piden cuatro años de prisión para un policía urbanístico de Santiago por falsificar el informe de una obra en Fontiñas
- Muere Alfonso Tourís Nogueira, el enfermero y sindicalista que dirigió más de dos años el PSOE de Santiago
- El restaurante de Santiago para comer caldo, raxo y tarta por menos de 20 euros: un icono de 95 años que nació de una historia de amor
- Llegan las fiestas más internacionales de Compostela: 10 días, en lugar de 15, en aras de la 'calidad
- Muere el escultor compostelano Julio Ferreiro, autor de numerosos mosaicos con azulejos en los barrios de Santiago
- Fiestas del Apóstol 2026 en Santiago: programa completo, conciertos, fuegos y actividades día a día
