O BNG vén de denunciar o último comentario machista do PP a través dun chío nas súas redes oficiais, publicado polo concelleiro popular en Santiago, Adrián Villa.

No chío de X, a antiga Twitter, o concelleiro critica a maneira de vestir da portavoz nacional, Ana Pontón, e da vicepresidenta Yolanda Díaz, calificándoas de “fashionarias”. É este un novo exemplo do "machismo máis rancio, que considera que se pode xulgar ás mulleres pola súa maneira de vestir", denuncia nun comunicado o BNG.

Trala publicación do comentario, foi rechiado pola conta oficial do PPdeG (na actualidade xa non consta na conta oficial do partido). Esta situación amosa que "o feminismo segue e a ser unha materia pendente para o PP, que persiste en actitudes machistas que son un auténtico freo para avanzar nunha sociedade en igualdade", segue dicindo a nota do BNG.

Neste sentido, piden a Alfonso Rueda que faga unha desautorización inmediata e contundente do concelleiro popular santiagués, para deixar claro que "na sociedade galega de 2023 non é tolerable este tipo de actitudes machistas nas que se critica as mulleres pola súa forma de vestir".

De non facelo, o presidente da Xunta "estaría consentindo e branqueando unha actitude machista por parte dun cargo público do PP", finalizan.

"Panda de psicópatas"

Tralo comunicado, o PP santiagués lémbralle a Ana Pontón que aínda non se disculpou por chamar “panda de psicópatas” a membros do partido, "cando a saúde mental é hoxe un dos un dos principais problemas que afecta á nosa sociedade", apuntan nunha nota. Desde o BNG aseguran que a portavoz nacional nunca pronunciou esas palabras, e recoñecen que si foi unha frase empregada pola deputada nacionalista Montse Prado.

Así mesmo, denuncian a hipocresía e machismo do BNG, facendo referencia as declaracións da número dous do Bloque en A Estrada, Vanesa Iglesias, a cal comentou en redes: "ni el bebé quiere ser su hijo", en relación ao aborto involuntario da presidenta da Comunidade de Madrid, Isabel Díaz Ayuso.

Cabe recordar que a concelleira borrou este comentario e fixo outro no que se disculpaba polas súas verbas, desexándolle unha pronta recuperación á presidenta da capital.

Con todo, Adrián Villa apunta que Pontón está a desviar a atención despois de utilizar o Concello de Santiago como a sede local do BNG nunha visita irregular utilizando fondos e medios públicos con fins partidistas, xa que denominaron a visita como “institucional” cando a dirixente nacionalista, non representa a ningunha institución.

Asegura, ademais, que “no meu chío non insulto nin menosprezo a ninguén" e destaca que a súa intención non pasaba por ofender senón por facer “unha denuncia política lexítima dentro das miñas responsabilidades”.

"En la peluquería"

A este chío súmanse as recentes declaracións do exvicepresidente do Goberno, Alfonso Guerra, cando na presentación do seu libro no Ateneo de Madrid volveu á carga contra Yolanda Díaz.

Nesta ocasión, volveu a recurrir ao seu físico para atacala: “¿La vicepresidenta criticando falta de rigor jurídico y político? ¿Ella? Le habrá dado tiempo entre una peluquería y otra”.

Unas declaraciones que fueron respondidas por la vicepresidenta durante la reunión internacional "El futuro del trabajo y el diálogo social", que tuvo lugar en la capital gallega este pasado jueves.

Así, declarou que nas sociedades actuais "todas las discrepancias técnicas y políticas son bienvenidas", pero que na Europa do siglo XXI "los comentarios machistas no tienen acogida". "Se acabó con el machismo en España y en Europa", zanjou.