Debido aos traballos de mantemento e desenvolvemento da rede eléctrica precisos para poder atender nas mellores condicións as necesidades de subministración na cidade, este martes e mércores procederase a deixar fóra de servizo unha serie de instalacións, o que pode provocar interrupcións na subministración de electricidade de seis ubicacións da cidade. Segundo informa o Concello de Santiago na páxina web, os cortes afectarán a rúa de Melide, a zona do Avío-Vite, ao cruceiro da Coruña, ao Camiño dos Vilares. O suministro quedará paralizado en horario nocturno en tódolos casos para minimizar o impacto nos veciños afectados destas zonas da cidade. Os horarios varían pero nalgúns casos comenzan xa as doce da noite.