Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

‘Templarios’ da ruta Geira-Arrieiros chegan ao Obradoiro: "É a verdadeira esencia do Camiño"

Trátase dun Camiño que entra directamente en Compostela, sen enlazar en Galicia con ningún dos camiños xa oficiais

Unha trintena de peregrinos de Amares (Braga, Portugal) chegaron este domingo á praza do Obradoiro seguindo a ruta Geira-Arrieiros, e fixérono vestidos de templarios na honra dunha personaxe ilustre da súa freguesía, Gualdim Pais.

José Manuel Almeida, presidente da freguesía Caldelas-Paranhos comenta que esta ruta, pendente de ser aprobada pola Xunta “terá resolución, previsiblemente a finais de ano ou no primeiro trimestre de 2024”.

Trátase dun Camiño que entra directamente en Compostela, sen enlazar en Galicia con ningún dos camiños xa oficiais, como a ruta da Prata, por exemplo.

O Camiño Geira-Arrieiros percorre primeiro Portugal, pola antiga vía romana e percorre tres concellos lusos, entra en Galicia e volve a de novo a Portugal, Melgaço, para logo continuar dende Cortegada até Terra de Montes e entrar en Santiago por Pontevea.

É a verdadeira esencia do Camiño”, di Almeida, “ten moita montaña, é o interior de Galicia, non hai portamochilas, podes ir soa boa parte das dez etapas coas que conta”.

Tracking Pixel Contents