O PP esixe explicacións ao BNG polo traslado do orzamento para campos de fútbol a outros gastos
O edil popular, José Ramón de la Fuente, lamenta “a falta dun proxecto claro e ambicioso por parte do BNG para o deporte" en Santiago

O PP critica o estado do Estadio Vero Boquete de San Lázaro / Antonio Hernández
O concelleiro do PP de Santiago, José Ramón de la Fuente, vén de denunciar a modificación do orzamento municipal incoando un expediente de transferencia de crédito para sacar 98.000 € reservados para o mantemento de campos de fútbol na cidade para dedicalos a unha indeterminada necesidade de promoción e outros gastos diversos.
Así, destacou que “Santiago ten unha coñecida carencia de instalacións deportivas e unha moi evidente necesidade de mantemento das existentes, como ten recoñecido a propia concelleira de deportes, polo que non se entende moi ben que os sempre escasos e insuficientes orzamentos que se dedican ao deporte sexan minguados agora para atender outras necesidades que nada teñen que ver con el”.
A situación do Vero Boquete
Neste senso, De la Fuente salientou que “non deixa de ser revelador que se saquen cartos para mantemento de campos de fútbol coñecendo o estado non que se atopa o estadio Vero Boquete de San Lázaro", eludindo ás "deficiencias graves" que ten desde hai anos e que necesitan un plan de actuación "urxente e inaprazable".
Unhas deficiencias graves que, segundo explica, xorden pola falta de mantemento, nas cales destaca o "alarmante deterioro da contorna, que se atopa nun estado lamentable".
"As prioridades dos nacionalistas"
Desta forma, o edil popular lamenta “a falta dun proxecto claro e ambicioso por parte do BNG para o deporte na cidade, ou a nula planificación e a inexistente coordinación cos afectados das escasas actuacións que se pretenden executar”.
Para el, a redución dos orzamento para o deporte deixa claras "as prioridades dos nacionalistas, e entre elas non esta o deporte base; na súa filosofia de xestión da cidade hai cartos para incrementar significativamente o número de asesores ou para multiplicar o número de altos cargos, ou para gastar no Alba de Compostela, pero non hai cartos para o deporte; segundo o BNG, o deporte pode esperar”, finalizou o popular.
- Demasiado mayor para ascender, pero no para trabajar: una gallega denuncia ante la ONU un caso de edadismo en la función pública
- Una discoteca gallega se cuela entre las mejores del mundo: 'El local insignia de Galicia
- No ganó, pero esta casa de Santiago se ha colado entre las nominadas a mejor obra del año
- La joven de Santiago que inmortaliza recuerdos en resina: 'Hay encargos que empiezas con lágrimas
- El paseo de pasarelas junto al mar más bonito de Galicia está a una hora de Santiago: 'Solo escuchas las olas
- SG Monte do Gozo, la empresa que facilita vacaciones a los ganaderos gallegos: 'En el campo también hay sueldos de médico
- Vuelven a Santiago las quedadas para leer en silencio que arrasaron en 2025
- Sociólogos alertan: «El casco viejo de Santiago corre el riesgo de convertirse en un parque temático»