O PP denuncia o estado de abandono da contorna da Avenida de San Marcos e a Granxa de San Lázaro
Os populares demándanlle ao Goberno do BNG a inmediata intervención nos puntos máis conflitivos para que se rocen e limpen adecuadamente para facilitar o tránsito peonil
Reclaman tamén a reposición do firme da senda Monte do Gozo-Monte de Deus, a limpeza de gabias e o mantemento de canais de derivación da auga

Os populares demándanlle ao Goberno do BNG a inmediata intervención na contorna da Avenida de San Marcos e a Granxa de San Lázaro / PP
Redacción
O Partido Popular de Santiago denuncia "o estado de total abandono e olvido no que se atopan a contorna da avenida de San Marcos e a Granxa de San Lázaro", onde os veciños levan tempo manifestando que cada vez que chove se producen inundacións fronte ás súas casas, entre outras moitas incidencias.
O concelleiro popular, José Ramón de la Fuente, pide ao Goberno do BNG unha "intervención inmediata na zona e, mentres non leve a cabo a instalación de beirarrúas, polo menos nos puntos máis conflitivos se rocen e limpen adecuadamente para facilitar o tránsito peonil". Tamén reclama a reposición do firme do carreiro Monte do Gozo-Monte de Deus; a limpeza de cunetas e o mantemento de canles de desviación da auga.
Promesas incumpridas
De la Fuente subliña que, "a pesar das numerosas promesas do BNG durante as pasadas eleccións municipais, a veciñanza segue queixándose das mesmas cousas que durante os anteriores gobernos de esquerdas, pero a realidade é que nada se empezou a facer e a 'calma' do actual Goberno do BNG some os veciños na desesperanza".
A deficiente canalización da rede de pluviais e a falta de limpeza de cunetas e leiras provocan obstrucións que, ao chover, aínda que non sexa en gran cantidade, terminan en inundacións en puntos que dificultan o acceso ás vivendas, ademais de que están a causar importantes danos nas vías.
O concelleiro popular destaca que, "a pesar de que os distintos gobernos de esquerdas lles prometeron unha solución, a realidade é que a veciñanza segue esperando o asfaltado das pistas, que se atopan nun estado lamentable, con fochancas que provocan mesmo avarías en vehículos".

O PP denuncia que a veciñanza segue esperando o asfaltado das pistas "que se atopan nun estado lamentable" / PP
Doutra banda, a falta de beirarrúas e as cunetas sen limpar son unha constante en toda a zona, o que supón un perigo para os peóns en todo o barrio pero, concretamente, na rúa Granxa de San Lázaro, que coincide no percorrido da antiga estrada cara a Lugo, a situación é especialmente preocupante e perigosa, debido á gran cantidade de persoas e vehículos que teñen que transitar por esa zona, o que é cada vez máis complicado.
Accesos ao polígono da Sionlla
José Ramón de la Fuente tamén reclama ao Goberno nacionalista que "busque unha solución para o incremento de vehículos na contorna do polígono da Sionlla, xa que ante os deficientes accesos a esta zona, son moitos condutores que utilizan estas pistas para entrada e saída do polígono dunha forma máis áxil, situación que provoca un aumento de circulación, mesmo a velocidades excesivas". Os veciños reclamaron a instalación de dispositivos que eviten estas situacións, sen que ata o de agora obtivesen resposta.
Ademais, o tramo Monte do Gozo-Monte de Deus da ruta do Xiro dos Montes de Compostela, atópase, ao seu paso pola Granxa de San Lázaro, nun estado impracticable, debido á deficiente execución das obras no ano 2021, que provocan escorrentías que arrastran o firme, polo que está cheo de fochancas e pedras que o fan intransitable, xa que ao non limparse as cunetas e as canles de desviación da auga, esta discorre polo propio carreiro e leva todo ao seu paso.
"Todas estas situacións foron denunciadas no Concello, pero, a día de hoxe, seguen sen recibir resposta", lembra o edil popular.
- Encuentran el cadáver de un hombre encadenado y sumergido en aguas del puerto de Ribeira
- El vacuno de carne alcanza precios históricos en Galicia: un ternero que valía 830 euros tras la pandemia se paga hoy a 1.850
- Galicia sumará una tercera salida hacia la Meseta por autovía: aprobado el proyecto del primer tramo de la A-76 en El Bierzo
- ¿Qué se sabe del cadáver encadenado en el puerto de Ribeira? La Policía investiga si Amador Mos Orellán fue asesinado o se suicidó
- La casa de la Ribeira Sacra donde rodó Mario Casas se puede alquilar desde 280 euros
- Encuentran de madrugada el cadáver de una persona en el puerto de Ribeira
- Galicia quiere convertirse en el gran plató de las películas y series que se rueden en España
- O_Rubio King Doc Barni, la vaca lechera de Santa Comba que conquistó el título de Gran Campeona de Galicia 2026: 'Mi hermano pequeño y yo siempre tuvimos esta ilusión
