Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

O PP de Santiago insta o goberno do BNG a reactivar o programa Banco de Tempo

Esta iniciativa busca revalorizar o uso do tempo, cun intercambio de servizos sen transacción económica

A concelleira do Partido Popular de Santiago, Yolanda Otero, pide ao Goberno do BNG a reactivación do programa Banco de Tempo

A concelleira do Partido Popular de Santiago, Yolanda Otero, pide ao Goberno do BNG a reactivación do programa Banco de Tempo / Raxoi

ECG

Santiago

A concelleira do Partido Popular de Santiago, Yolanda Otero, pediu este mércores ao Goberno do BNG a reactivación do programa Banco de Tempo, unha iniciativa que busca revalorizar o uso do tempo como medio para mellorar a calidade de vida das persoas, cun intercambio de servizos sen transacción económica, polo que a moeda de cambio só son as horas.

Para Otero Balsa, “o Goberno nacionalista ten que dar resposta ás novas formas de organización que están a xurdir na sociedade actual, facilitar os medios necesarios para que as persoas dispoñan dos apoios precisos para o seu benestar no seu entorno social e impulsar, deste xeito, a vida comunitaria”.

Para o funcionamento deste sistema de axuda, a persoa interesada deposita un número de horas neste Banco, ofertando uns determinados servizos ou actividades e, a cambio, percibe outro número de horas naqueles servizos ou actividades, entre os que ofertan o resto de persoas inscritas no programa, que sexan do seu interese.

Instrumento de cohesión social

O Banco de Tempo destaca como ferramenta de crecemento e desenvolvemento comunitario, que ten como obxectivo atopar alternativas que faciliten a vida diaria das persoas, ao tempo que promove valores como a solidariedade, a corresponsabilidade, a cooperación, a participación, o apoio mutuo entre iguais e a mellora das relacións sociais, entre outros.

O Banco de tempo reflicte a posibilidade de aumentar o apoio mutuo e colaborativo da comunidade, solventando entre os seus membros algunhas das súas necesidades. O que intercambian as persoas é o seu tempo para resolver cuestións da súa vida cotiá aproveitando os seus coñecementos, habilidades ou simplemente a súa disposición persoal.

“Esta iniciativa permite a creación de relacións sociais e vínculos entre as persoas, rompendo o illamento e a soidade, creando un novo espazo para compartir, achegar ás persoas e favorecer o apoio mutuo e colaborativo”, sinalou a edil popular.

Tracking Pixel Contents