Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

O PSdeG de Santiago demanda recuperar o control selectivo en Salgueiriños

A edil Mila Castro denuncia que “estanse a dar casos de pillería”, en relación a que hai persoas que non están a pagar as súas taxas

Gonzalo Muíños e Mila Castro no mercado de Salgueiriños

Gonzalo Muíños e Mila Castro no mercado de Salgueiriños / PSOE

ECG

Santiago

A edil socialista Mila Castro reuniuse o xoves cos vendedores ambulantes que traballan no mercado de Salgueiriños e, como resultado desta xuntanza, demanda a recuperación por parte do Goberno local do control selectivo que deixou de realizarse hai meses e mediante o cal a policía podía supervisar de modo aleatorio que os postos tivesen a documentación requirida e estivesen ao corrente no pago das taxas.

A edil levará esta proposta ao Pleno do vindeiro luns porque considera que é a mellor maneira de “garantir que os vendedores traballen en igualdade de condicións”.

“Estanse a dar casos de pillería”, destaca Castro en relación a que hai persoas que non están a pagar e mesmo que instalan o seu posto nas noites dos mércores. Asegura que esta medida, lonxe de ser “disuasoria ou desmotivadora para os vendedores é unha garantía”.

A ordenanza municipal do mercado ambulante establece a extinción da autorización por falta de pagamento ou non asistir durante 3 xoves seguidos ou 6 alternos.

Tracking Pixel Contents