Rehabilitación
Derrube ‘controlado’ dun dos muros do parque de Belvís
A infraestrutura estaba abombada por causa dunhas árbores

Muro do parque de Belvís que se vai reparar estes días / ECG

Quen pasee estes días polo parque de Belvís, cando o tempo o permite, pode atopar cunha sorpresa non agradable de entrada. O muro lateral dunha das escaleiras que sobe cara ao mirador e o Seminario Menor aparece derrubado. A causa non foron as choivas, senón o Plan de consolidación de muros históricos do Concello de Santiago.
A infraestrutura estaba “abombada por causa de dúas robinias e un loureiro que se inclinaban sobre o muro”, comentan fontes municipais. Para protexer o muro o evitar males maiores o servizo de parques e xardíns procedeu á corta destas árbores, que ademais se atopaban danadas, e puxo en marcha unha intervención para consolidar o muro. Ademais da súa recomposición os traballos vanse completar coa eliminación doutros eucaliptos da zona superior, tamén danados. Ademais, dende este mércores, o servizo de xardíns xa procedeu a plantar na mesma área unha serie de árbores froiteiras, menos voluminosas e tamén máis alonxadas do muro que se trata de protexer.
- Una cooperativa de viviendas en Santiago, preseleccionada al Premio Mies van der Rohe entre obras de toda Europa
- La futura apertura de un Starbucks en el local del emblemático Alameda enciende las redes
- Financial Times' sitúa a una empresa con sede en Santiago como referente en Europa
- Del magosto de Sar a la fiesta de Conxo: castañas, foliada, un bingo y churrasco 'a fartar' este sábado en Santiago
- Rueda: 'A mellor opción e, probablemente a única', es una sola Facultad de Medicina descentralizada
- Muere el empresario Emilio Bouzas Cajuso, muy conocido en el Ensanche de Santiago
- Nueva apertura en la ‘milla de oro’ de Santiago: abre una juguetería en Montero Ríos
- Crónica social compostelana | El Secreto de San Lázaro: desayunos, vinos y cócteles con alma compostelana
