Luz verde ao inicio das obras de rehabilitación integral do pavillón de Vite
A reforma pretende emendar a situación actual dunhas instalacións que datan da década dos 90
O principal obxectivo é resolver os problemas existentes relacionados coa presenza de humidade, a funcionalidade, a accesibilidade, as instalacións, así como o estado dos equipamentos deportivos

Recreación do interior do pavillón / Concello
Redacción
Cada vez está máis preto o comezo da reforma do pavillón de Vite coa intención de mellorar a súa eficiencia enerxética, sustentabilidade, accesibilidade e seguridade. Estas obras contan cun orzamento global de máis de 1,2 millóns de euros. En concreto, o executivo local acaba de dar luz verde ao expediente de contratación do servizo de dirección facultativa para a reforma integral do pavillón municipal de Vite por un orzamento base de licitación de 48.400 euros. Un paso que implica que o promotor da obra debe entregar ao arquitecto seleccionado a facultade para que leve a cabo os traballos seguindo as súas indicacións.
O Concello xa adxudicara o pasado mes de decembro o contrato para a execución das obras á empresa Prace, Servicios y Obras S.A. por un total de 1.209.712,72 euros, importe cofinanciado nun 80% polos fondos Next Generation EU a través do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia (PRTR) e do Programa de Impulso á Rehabilitación de Edificios (PIREP), e nun 20% polo Concello de Santiago.
A reforma integral do polideportivo de Vite pretende emendar a situación actual dunhas instalacións que datan da década dos 90 tras un uso intensivo durante máis de 30 anos. Para isto, levarase a cabo a construción dunha nova envolvente, a base de chapa ondulada microperforada cor branca, máis lixeira e permeable, cunha serie de ocos que permitirán introducir luz natural e mellorar a relación interior-exterior do edificio. Tamén se impermebilizará a cuberta para facilitar o seu illamento, conservando o soporte existente, pero renovando canlóns e baixantes. Os actuais lucernarios serán substituídos por novas placas de policarbonato celular opal a fin de recuperar a iluminación natural e evitar deslumbramentos.
A maiores, apóstase por acadar un importante aforro enerxético mediante a substitución de luminarias por outras con tecnoloxía led, substitución de acumuladores eléctricos de produción de ACS por bomba de calor de alta eficiencia e a instalación de paneis fotovoltaicos para autoconsumo, reducindo considerablemente o consumo actual do edificio. Nos vestiarios procederase coa instalación dun sistema de ventilación con recuperación e calefacción.
Co obxectivo de resolver os problemas funcionais, de accesibilidade e seguridade do recinto, trasladaranse os aseos públicos e a conserxería á zona das bancadas, nas que se introducirán catro prazas adaptadas, dúas no nivel inferior e dúas no superior. Para mellorar os diferentes accesos, eliminaranse banzos intermedios e reelaborarase a rampla situada na fachada sur. Tamén se levará a cabo unha redistribución dos vestiarios e das dependencias auxiliares da planta baixa e a colocación de novas barandas, sinalización, etc.
Esta proposta nace dun estudo exhaustivo do estado actual e do funcionamento do edificio, así como da procura dunha posta en valor do equipamento dentro do tecido urbano. Todo iso, co principal obxectivo de resolver os problemas existentes relacionados coa presenza de humidade, a funcionalidade, a accesibilidade, as instalacións, así como o estado dos equipamentos deportivos.
Tanto a actuación no pavillón de Vite como a do complexo deportivo de Santa Isabel, para o cal se prevé licitar a redacción do proxecto en marzo, e a da obra no segundo semestre do ano, resultaron beneficiarias da Liña 1 do PIREP Local, o programa de axudas do Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana (Mitma) a través dos fondos europeos Next Generation EU. O custo total dos dous proxectos será de 4.301.180,12 euros, cunha achega do Goberno central de 3.319426,96 euros (2.975.903 euros para Santa Isabel e 1.325.277 para Vite), e de 981.753,16 euros de fondos propios do Concello.
- Así será el nuevo barrio del norte de Santiago: 6.000 vecinos y bloques de hasta 13 plantas
- El electricista que ilumina Santiago: «Calquera rúa do casco vello con luces de Nadal é máis bonita que unha de Vigo»
- El dieciocho: el nuevo espacio gastronómico de Área Central que ostentará la pizzería más premiada de Galicia
- Accidente en Santiago: los bomberos trabajan para liberar a posibles víctimas atrapadas en un coche volcado
- ¿Cuánto costarán los pisos protegidos del nuevo barrio del norte de Santiago?
- Luto en Santiago por la muerte de Teté Otero Davila, referente del patinaje artístico en la ciudad
- Así afectará al transporte urbano de Santiago la huelga de autobuses convocada para este viernes
- El pueblo gallego que se transforma y brilla con luz propia en Navidad: a poco más de una hora de Santiago

