Santiago
O Concello de Santiago convoca prazas de enxeñeiro, médico da UMAD e músicos da banda municipal
O obxectivo é elaborar a lista de agarda e nomear persoal interino e laboral temporal
O prazo de presentación de solicitudes é de oito días desde a publicación do anuncio

O Concello de Santiago convoca prazas para oito especialidades da banda de música / Cedida

O Concello de Santiago vén de facer pública a convocatoria para a cobertura dunha praza de enxeñeiro superior industrial, outra de médico psiquiatra da Unidade de Asistencia a Drogodependentes (UMAD) e oito membros da banda de música municipal. Neste último proceso, procúrase persoal para as especialidades de frauta (inclúe frautín), óboe (inclúe corno inglés), clarinete (inclúe requinto de clarinete baixo), saxofón (inclúe alto soprano, tenor e barítono), trompa, trombón (inclúe trombón baixo) , bombardino e tuba.
O obxectivo destes procedementos é elaborar a lista de reserva e posterior nomeamento de persoal funcionario interino e laboral temporal, de ser o caso.
Requisitos e prazos
Para todas as prazas, as bases reguladoras, os baremos de puntuación e as probas a realizar poden consultarse na páxina web do Concello. As persoas interesadas deberán presentar as súas solicitudes, no prazo de oito días naturais, contados a partir do seguinte á publicación do anuncio, debendo xuntar copia do DNI, acompañadas da documentación que acredite a titulación e demais requisitos, e os méritos a ter en conta.
Para tomar parte nos procesos selectivos, as instancias presentaranse a través da plataforma Convoca, á que tamén se pode acceder a través do sitio web do Concello. Poderán tamén presentarse en calquera das formas que determina o artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, de procedemento administrativo común das administracións públicas.
Unha vez publicada no taboleiro e na páxina web municipais a relación provisional de admitidos e excluídos, as persoas interesadas disporán dun prazo de tres días hábiles para presentar as reclamacións que estimen oportunas. Rematado dito prazo, publicaranse as listas definitivas e o lugar e data de celebración da proba para cada unha das prazas convocadas.
- Rodada en Santiago y ambientada en el Entroido gallego: así es la nueva película que llega a Prime Video
- La CIG mantiene la huelga indefinida en los autobuses de Santiago a partir del miércoles, mientras UGT y CCOO la aplazan
- La ruptura sindical marca la huelga de autobuses en Santiago con el foco en una nueva reunión
- Nueva huelga de buses en Santiago sin los servicios mínimos al completo: 'Llego una hora tarde a trabajar
- Estos son los servicios mínimos de los buses de Santiago a partir de este miércoles ante la huelga indefinida
- Una tienda de Santiago cierra 'hasta que escampe': 'No quiero coger una depresión
- Hasta cinco tapas gratis por consumición: la nueva cafetería que no querrás perderte en el corazón de Santiago
- Evacuada la Comisaría de Santiago por un incendio

